O alcalde, Abel Caballero, amosouse este martes «satisfeito e encantado» co ritmo de tramitación desta infraestrutura enerxética, cuxo estudo de impacto ambiental saíu a información pública no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Trátase dun avance decisivo para unha obra considerada estratéxica para o desenvolvemento económico e industrial da área de Vigo, xa que garantirá a subministración eléctrica necesaria para os grandes centros de produción da zona.