O Campus Industrial de Ferrol despide o verán coa clausura do campamento de creatividade e ciencia  “Todas as Ideas Contan”

A vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social, Ana Ares, e a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña (UDC), María José Abad, despediron hoxe aos 15 nenos e nenas que participaron, do 31 de agosto ao 8 de setembro, na primeira edición do campamento de verán “Todas as Ideas Contan” que tivo lugar no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol. 

A iniciativa, impulsada por primeira vez na cidade departamental pola Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX), naceu co obxectivo de favorecer a conciliación das familias nos últimos días do verán, ofrecéndolle aos nenos e nenas un espazo de aprendizaxe e tamén de diversión. O programa, deseñado polo equipo de Gazapo, incluíu diversas actividades relacionadas coa ciencia, a experimentación, a arte, a construción, a lóxica e a creatividade. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios