- O alumnado de 4º da ESO gozará dunha estancia de tres semanas no Reino Unido e Irlanda para mellorar o seu nivel de idioma.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, despediu este martes aos primeiros estudantes que parten cara ao Reino Unido e Irlanda dentro do programa municipal «Vigo en Inglés». Nesta edición, un total de 1.015 alumnos e alumnas de cuarto curso da ESO acadaron a bolsa do Concello para participar nesta experiencia de inmersión lingüística.
Durante as vindeiras tres semanas, o alumnado convivirá con familias locais e asistirá a clases, mellorando así a súa fluidez e competencias na lingua inglesa. Caballero desexoulles unha boa viaxe e animounos a aproveitar ao máximo esta oportunidade formativa e persoal no estranxeiro.