ASPROMERI pon en valor o proceso produtivo do mexillón coa celebración do evento “O mexillón ten moito que contar” no Porto de Rianxo

Coincidindo coa procesión marítima das Festas da Guadalupe, o vindeiro domingo, 13 de setembro, ASPROMERI instalará un stand divulgativo na porta da súa sede.

A Asociación de Produtores de Mexillón de Rianxo (ASPROMERI) reivindica o papel fundamental da actividade mexilloeira dentro do tecido económico do territorio. O acto forma parte das accións da EDLP do GALP Ría de Arousa para modernizar e poner en valor o sector.

O vindeiro domingo, 13 de xullo, a sede da Asociación acollerá un evento aberto ao público xeral para difundir a importancia deste alimento e reforzar a importancia dos controis de calidade e trazabiidade do produto.

O evento, baixo o lema “O mexillón ten moito que contar”, desenvolverase a partir das 11:30 horas no exterior da sede de ASPROMERI. A instalación dun stand informativo permitirá a veciños e veciñas da vila, e aos turistas que se acheguen á celebración da procesión marítima da Guadalupe, coñecer máis sobre a importancia da trazabilidade e o papel da xestión compartida dos recursos.

As persoas asistentes participarán nunha dinámica de xogo para descubrir de preto a xestión deste recurso, o modelo produtivo en batea e a importancia da trazabilidade durante todo o proceso de cultivo e produción. Logo de saber o que hai detrás de cada mexillón, o evento rematará coa degustación do produto da man do chef Miguel Mosteiro, de GastroLab Arousa, que elaborará diferentes tapas co molusco como protagonista.

Esta acción peresegue o obxectivo de reforzar a percepción de calidade deste alimento saudable e estreitamente vencellado ao territorio a través da súa tradición marítima e ao patrimonio cultural inmaterial da vila de Rianxo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios