Aleksa Strikovic gaña o II Torneo Xadrez no Camiño – O Teu Xacobeo

Lugo acolleu o domingo 13 de setembro unha xornada de xadrez organizada pola Escola Luguesa de Xadrez no edificio multiúsos da Xunta de Galicia, na Ronda da Muralla. O programa incluíu unha exhibición de partidas simultáneas e o II Torneo Xadrez no Camiño – O Teu Xacobeo.

A iniciativa forma parte do proxecto Xadrez no Camiño – O Teu Xacobeo e conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo, do Concello de Lugo e da Escola Luguesa de Xadrez.

Exhibición de simultáneas co gran mestre Aleksa Strikovic

A xornada comezou cunha exhibición de partidas simultáneas protagonizada polo gran mestre serbio Aleksa Strikovic, unha actividade que achegou o xadrez ao público e completou o carácter divulgativo da convocatoria. Participando 15 xogadores e donde o Gran Mestre perdeu con os xogadores da Escola Luguesa de Xadrez Pablo López Díaz, e Marcos Iglesias.

Strikovic, gran mestre desde 1996 e xogador da federación serbia, confirmou tamén o seu favoritismo na competición da tarde.

II Torneo Xadrez no Camiño – O Teu Xacobeo

O torneo reuniu 20 xogadores nunha competición de xadrez rápido. Aleksa Strikovic proclamouse vencedor con 6,5 puntos, seguido por David Pérez Carballo, segundo con 6 puntos, e Pablo López Varela, terceiro con 5,5 puntos. Os tres primeiros clasificados recibiron os premios principais da proba. O premio da categoría sub-1600 foi para Emma Etterbeek Pombo, que sumou 3 puntos e obtivo o mellor desempate entre os participantes desa categoría con maior puntuación.

Clasificación final

PostoXogador/aEloPuntos
1Aleksa Strikovic24006,5
2David Pérez Carballo19806
3Pablo López Varela23005,5
4Marcos Iglesias Flores19005
5-9Rubén Cenal Gutiérrez22004
5-9Adán Carballido Bouzas19454
5-9Marcos Vega Varela16504
5-9Heider Molina Lizarazo17004
5-9Uxío Vilariño Lorenzo20004
10-15Emma Etterbeek Pombo14423
10-15José Mejía Freijó16703
10-15Manuel Castro Busto14803
10-15Sebastian Pardo Haigh15673
10-15Julio Chaves Gil17003
10-15Nicolás Sanjuán Framil15003
16-17Víctor Rouco Rubín15002,5
16-17Alejandro Franco Losada15692,5
18Bruno Gómez Reboredo2
19-20Valeria Cenal Iglesias1
19-20Anastasia Pardo Haigh14001
Comparte éste artículo
No hay comentarios