Feiraco e o RC Deportivo renovan a súa alianza para a nova tempada en Primeira División

A marca de CLUN cumpre 11 anos como provedor oficial do club e reforza o seu apoio ao deporte base, ao equipo feminino e á promoción de hábitos saudables co lema «Xuntos en Primeira».

Feiraco, marca integrada na cooperativa rural galega CLUN, e o RC Deportivo da Coruña selaron a renovación do seu acordo de colaboración para a tempada 2026/2027. A alianza, que cumpre a súa undécima edición, chega nun momento especialmente significativo polo regreso do club branquiazul á elite do fútbol español.

Para celebrar a continuidade desta relación, a marca presentou a campaña «Xuntos en Primeira», acompañala dun vídeo promocional que pon en valor os principios compartidos entre ambas entidades: o esforzo, o traballo en equipo, o compromiso e o arraigo no territorio galego.

Alimentación saudable no deporte de elite e na canteira

Feiraco manterase como provedor oficial do club, subministrando leite e iogures ao comedor da Cidade Deportiva de Abegondo para a dieta diaria do primeiro equipo masculino, o conxunto feminino e os seus respectivos corpos técnicos.

Máis alá do ámbito profesional, o acordo pon un foco prioritario no desenvolvemento das novas xeracións. Feiraco continuará apoiando á Fundación RC Deportivo a través de iniciativas formativas como as DéporEscolas e os DéporCampus, proxectos que na súa última edición achegaron a práctica deportiva e a nutrición saudable a preto de 3.000 nenos e nenas de toda Galicia.

Desde a directiva de CLUN amósanse «ilusionados por continuar esta colaboración nunha etapa tan especial» e destacan que para moita xente a marca «evoca a mellor época da historia branquiazul», confiando en contribuír a un novo ciclo de éxitos para o deporte galego.

Comparte éste artículo
No hay comentarios