Silee pecha por todo o alto o verán co seu novo sinxelo, «Na de Juan», e anuncia as súas primeiras datas fóra de Galicia

Un dos grandes representantes da música urbana galega, Silee, publica o seu novo sinxelo Na de Juan, que exerce como quinto adianto do seu próximo traballo discográfico. Tras o enorme éxito viral de Milajros de Amil, primeiro sinxelo desta etapa que xa conta con preto dun millón de escoitas e que se colou entre os 20 temas máis virais de España na plataforma Spotify, e o lanzamento deBruxa Curuxa, Orballo e Furancho, o bueuense volta á bachata para falar, dende a resaca emocional do verán, de non renunciar ao sitio de onde es. Este lanzamento vén acompañado dos primeiros anuncios de actuacións fóra de Galicia en 2027 do artista, como parte da xira de presentación do que vai ser o seu novo disco, con actuacións na sala LAUT de Barcelona o 18 de febreiro e na Sala Maravillas de Madrid o 19 de febreiro. As entradas estarán á venda proximamente.

Descubre más noticias musicales como ésta

Na de Juan xorde despois de atopar unha canción rusa de 19997, sobre a que xirou a inspiración para crear unha intro moi característica e distinta a todo o feito ata agora polo artista de Bueu. Tras un verán de moitos concertos e festivais, Silee bota a mirada cara atrás con este novo sinxelo para valorar o moito que desfruta de quedar na súa vila para gozar coa súa xente, sen preocuparse de grandes aglomeracións, agobios e o malestar dos grandes núcleos poboacionais e os seus eventos multitudinarios. Toda unha declaración de intencións para deixar claro que non se ten que renunciar a marchar do sitio de onde se é para facer unha vida, así como para desfrutar das festas do verán e gozar da tempada estival na túa vila.

Este novo sinxelo vén acompañado dun videoclip dirixido polo propio Silee e gravado por Juan Gómez, aproveitando localizacións do centro de Vigo e da serra do Galiñeiro, reforzando así o carácter multidisciplinar do de Bueu. Desta maneira, Silee afronta os meses finais deste ano coa vista posta no lanzamento do seu novo álbum, xa afianzado como un dos grandes nomes deste 2026 na música galega, con Milajros de Amil a piques de chegar ao millón de escoitasdecenas de concertos e colaboracións con grandes artistas da escena como Kike Varela ou Kenneth.

PRÓXIMAS DATAS EN DIRECTO

18/02 Sala LAUT · Barcelona

19/02 Sala Maravillas · Madrid

MÁIS SOBRE SILEE

O cantante galego Silee é unha das grandes sensacións do momento no panorama musical urbano. Artífice dunha das cancións máis virais do 2026 en galegoMilajros de Amil, o bueuense transita  de maneira ecléctica e con naturalidade por xéneros como abachata ou a cumbia entre outros, mesturando e renovando estes estilos nunha proposta que xa está a revolucionar as redes sociais, conectando con novas xeracións de ouvintes.

A súa frescura musical está a causar sensación dentro dun xénero inmerso nun grande auxe neste ano, emerxendo como unha das figuras máis destacadas do mesmo. Cun forte arraigo á súa terra, o de Bueu busca deixar pegada alonxado das grandes urbes, traballando por volver situar á súa vila e a Galicia no mapa musical actual. 

Con xa dous EPs e un álbum publicados dende os seus comezos en 2023, Silee está inmerso na preparación dun novo traballo discográfico en galego que verá a luz este mesmo ano, e no que Milajros de Amil é a súa carta de presentación. Este novo sinxelo foi unha das grandes sensacións da música en galego no comezo de ano, chegando a acadar preto de medio millón de escoitas en dous meses. A viralidade deste primeiro adianto foi tal que antes de lanzarse en plataformas o tema xa aparecía en centos de vídeos de distintas redes sociais e dous meses despois do seu lanzamento entrou no Top 18 de cancións máis virais de España na plataforma de streaming Spotify.

espírito inquedo e a creatividade do artista galego levárono a autoproducir os seus temas, ao igual que os seus videoclips, reafirmando o seu estatus como artista multidisciplinar. Cos focos postos nel tras a grande repercusión acadada neste ano, o artista traballa para elevar o seu proxecto e talento cara novas cotas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios