O Deportivo xoga en Granada na procura da primeira vitoria ligueira contra un equipo que tivo o peor arrinque da súa segunda etapa na máxima categoría. Paulita e o técnico, Adri Martín, valoran a derrota nazarí en Mendizorrotza e como debe ir a semana para preparar o xogo contra o cadro galego.
Na Segunda Federación só o Celta mantén o seis de seis, que debería prolongar ante o Madrid B. Deportivo B, ante Racing de Santander, e Victoria, ante Sp. Gijón, deben recuperar o camiño do triunfo. Lembramos a curiosa estatística das victoristas logo da derrota en Avilés.
Comezou a Terceira Federación, comentamos a primeira xornada, pero sobre todo, a retirada do Domaio desde o punto de vista das xogadoras, Paula García tomou a palabra para analizar o problema desde dentro.
Foto: Paula (Domaio F.C.). © Arquivo persoal de Paula García.