Deportivo B feminino preséntase en Abegondo con goleada ante o Racing (4-0)

O Deportivo B goleou ao Racing no Arsenio Iglesias. Nun partido inimaxinable na pasada campaña, o cadro dirixido por Aitor Prieto mostrou unha gran superioridade sobre o rival cántabro, ao que só lle concedeu unha ocasión cando o partido mantiña as táboas. Karla e Sara Barreda, na primeira parte, e Antía Mayo e Elsa, na segunda, foron quen puxeron nome á exitosa presentación ligueira do segundo cadro deportivista en Mabegondo.

O valor dunha boa presión

O Deportivo B entrou con moita intensidade ao partido, que mantivo durante o primeiro cuarto de hora.A súa presión condicionaba a saída do Racing, que debía xogar repregado na parcela propia. Marta Rico movía ao equipo mentres Karla e Antía Mayo orientaban os ataques aos seus desmarques.. Dous centros desde a loña de fondo da ex do Balears non atoparon rematadora.
O partido comezou a ter accións ofensivas máis relevantes a partir do minuto 18. Nese intre,unha contra visitante propiciou a primeira ocasión do xogo.Noa carretou, ollou a entrada de Naiara polo centro, pero a atacante cántabra, en lugar de apurar o drible sobre Ana preferiu xutar e a meta local fixo un extraordinario despexe.
Na seguinte xogada funcionou de novo a presión de Karla, que roubou, encarou a portería e, sobre a saída de Inés, anotou o 1-0 cunha suave vaselina.
O Deportivo B mantivo o control reducindo a frecuencia de chegadas, A outro centro desde o fondo de Karla, tamén sen atopar finalizadora, seguiulle un xute desde a frontal de Antía Mayo que creou dúbidas a Inés, quen non soubo se chapar ou despexar. Ao final meteu a luva e a pelota saíu pola liña de fondo.
Ese saque de esquina deu pé a outro no que a defensa cántabra non deu sacado o coiro e Karla, cunha volea cruzada, mandou outro disparo a rentes do pau.
No minuto 40, un centro pasado de Karla rebasou a Inés, Daniela evitou que se perdera polo fondo atrasando o balón para Laurita, que logo de driblar á súa marcadora, golpeou a gol desviando Inés. Tras o córner lanado por Marta Rico, Sara Barreda xutou sen oposición, no corazón da área, anotando o 2-0.

Cómodo segundo tempo

Mario Ortiz modificou moitas cousas no descanso, incluído o debuxo e tres xogadoras novas. No minuto 48, no primeiro saque de esquina do segundo tempo, o centro de Claudia foi cabeceado por Corbacho, que mandou o coiro moi perto do poste.
O fútbol mídese polo nivel de acertos na meta e foi o que aconteceu no minuto 52. Marta Rico lanzou o córner ao primeiro pau e Antía Mayo, impoñéndose por arriba, mandou a cabezada ao fondo da portería. O Deportivo B apagaba calquera intención de reacción santanderina.
Ao fío da hora, Ana luciuse cunha estirada que lle permitiu chapar un disparo axustado de Valen desde o bico da área. A resposta, moi semellante, deuna Antía Mayo cun xute en condución no minuto 62.
O partido reduciuse a illadas ocasións locais até que no minutom84, logo que Aitor Prieto gastara a súa derradeira xanela, Elsa, unha das incorporadas, enfeitara o triunfo branco e azul cun xute cruzado, desde a dereita da área, ao que non puido opoñerse Inés. A catalana anotaba o segundo gol no torneo e púñase en solitario á fronte da táboa de anotadoras do equipo.
O Deportivo B logrou o seu segundo triunfo con goleada da temporada nunha campaña na que promete máis fútbol que na anterior. Pola súa banda, o Racing deixou ver demasiadas carencias, deixando unha imaxe afastada de calquera conxunto aspirante a un ascenso.

Ficha

SÁBADO 19/09/2026 (12,00) Campo: ARSENIO IGLESIAS (Mabegondo) (200)
R.C.D. A CORUÑA B : 4 – R. RACING C. 0: (2‑0)

COR : Ana; Sara Barreda, Noe Mayo (Emma Gandoy 81’), Jenny (Yanis 74’); Mariño, Ade (Sara Cercido 81’), Marta Rico, Laurita; Karla, Antía Mayo (Claudia 65’), Daniela (Elsa 74’). Tre. Aitor Prieto. (Banco: Martina (g); Sara Prego).
RAC : Inés; Arantxa (Valen D), Naroa, Corbacho, Domi; Rabasco (Claudia D), Mirian (Paulita D), Xesca (Nerea 67’), Karol; Noa, Naiara (Mariajo 60’). Tre. Mario Ortiz. (Banco: Gabriela (g); Ali).
Goles: 1-0 Karla 18’; 2-0 Sara Barreda 40’; 3-0 Antía Mayo 52’; 4-0 Elsa 84’.
Árbitro: Castro García (Galiza-A Coruña). Auxiliares: Barcia Capelán e Garabato Liñares.
Disciplina: CA: Jenny 48’; Karol 87’.

Foto: Corbacho arranxando un dos moitos problemas nos que o Deportivo B puxo ao Racing. © 21noticias.com

Comparte éste artículo
No hay comentarios