O BNG homenaxea ao mozo galeguista Pedro Galán Calvete no 90 aniversario do seu asasinato polo fascismo

Como xa é tradición por estas datas, o BNG e Galiza Nova da Coruña renderon homenaxe á memoria de Pedro Galán Calvete, o mozo coruñés de apenas 19 anos e secretario de Organización das mocidades do Partido Galeguista, asasinado polos franquistas en setembro de 1936.

Durante o acto, a concelleira nacionalista Mercedes Queixas lembrou que a Galán Calvete o asasinaron por «ser militante da xustiza social, da lingua e dunha educación en clave de país». Queixas fixo fincapé na efeméride deste ano: «O 16 de setembro de 1936 —hai xa 90 anos— aquelas mans cargadas de odio e senrazón asasinaron o corpo dun mozo convertido en semente de vencer».

Ante o contexto político actual, a edil subliñou que, fronte ao rexurdimento do fascismo, o nacionalismo galego continúa a ser, como daquela, «símbolo de paz, solidariedade, tolerancia e irmandade». Segundo destacou, estes valores son os fíos que conectan á sociedade coa memoria de Pedro Galán Calvete, a quen definiu como «presente do futuro dunha nova Galiza que xa está en marcha».

Na homenaxe tamén tomaron a palabra a mocidade organizada, coas intervencións dos militantes de Galiza Nova Anxo Vázquez (A Coruña) e Mar (Arteixo), quen reafirmaron o compromiso das novas xeracións co legado do galeguismo históric

Comparte éste artículo
No hay comentarios