O Festivalo de Manselle 2026 enche de música, cultura e alegría a aldea de Manselle o vindeiro 26 de setembro

Manselle prepárase para vivir unha nova edición do Festivalo de Manselle, unha cita cultural e musical xa consolidada no calendario do Concello de Dodro e da comarca do Sar. O festival celebrarase o sábado 26 de setembro e volverá combinar música, gastronomía, cultura popular e convivencia nunha xornada pensada para todos os públicos.

Baixo o lema «Resistencia e alegría», o Festivalo reivindica un ano máis a capacidade da cultura para dinamizar o rural e crear espazos de encontro arredor da música e da identidade propia.

A programación comezará ao mediodía, cunha sesión vermú a cargo de Paco Nogueiras, ás 12:30 horas, no Souto de Manselle. Ás 13:30 horas terá lugar unha degustación de tapas escocesas, con Maruxa e Coralia Dilleis, tamén no Souto.

Xa pola tarde, a música continuará ás 18:00 horas cos Mersenarios, mentres que ás 19:00 horas será a quenda das Regueifeiras de Dodro, no escenario Sernanselle. Ás 19:30 horas, SECHO presentará o seu novo disco.

A programación nocturna arrancará ás 20:00 horas coa actuación de Ceibarrimas, no escenario Sernanselle. Ás 21:00 horas chegará o momento da Pecha a Cansela, xa no escenario principal do Festivalo.

A partir das 22:00 horas, a festa continuará coa música de Five Star Service, seguida ás 23:00 horas da actuación de XMASEDA65, que porá o peche musical á programación.

Un festival que medra desde Manselle

O Festivalo de Manselle nace coa vontade de poñer en valor Manselle e o seu contorno como espazo de encontro cultural, apostando por unha programación diversa e por artistas e propostas que conectan coa cultura galega e coa creación contemporánea.

A organización destaca o carácter aberto do festival e a súa vocación de seguir medrando como unha cita de referencia na comarca do Sar, contando para iso coa colaboración de entidades, empresas e institucións.

A edición de 2026 conta coa colaboración, entre outras entidades, da CMVMC Balouta e Fontecova, Casa Patín, Deleite, Seguros Rial, Daveiga, Rede Cultural da Deputación da Coruña e Concello de Dodro.

Manselle ten unha nova cita coa cultura, coa música e coa festa. O 26 de setembro, a resistencia volve converterse en alegría.

PROGRAMA – FESTIVALO DE MANSELLE 2026

  • 12:30 h – Sesión vermú «La Fabulosa», con Paco Nogueiras – Souto de Manselle
  • 13:30 h – Degustación de tapas escocesas e concerto con Maruxa e Coralia Dilleis – Souto de Manselle
  • 18:00 h – Os Mersenarios – Souto de Manselle
  • 19:00 h – Regueifeiras de Dodro – Escenario Sernanselle
  • 19:30 h – SECHO presenta novo disco – Escenario Sernanselle
  • 20:00 h – Ceibarrimas – Escenario Sernanselle
  • 21:00 h – Pecha a Cansela – Escenario Festivalo
  • 22:00 h – Five Star Service – Escenario Festivalo
  • 23:00 h – XMASEDA65 – Escenario Festivalo 26 de setembro · Manselle (Dodro)

FestiValo – Resistencia e alegría

Comparte éste artículo
No hay comentarios