O GFFF pecha a décima edición con máis de 5.000 asistentes e consolida o seu crecemento

A décima edición incorporou novas propostas como a competición de longametraxes, o Freak Pitch e a exposición Carteis Fantásticos, e reforzou a dimensión internacional do festival.

O Galician Freaky Film Festival pechou este sábado a súa décima edición con máis de 5.000 persoas asistentes nas diferentes actividades do programa. Arredor de 3.000 espectadores pasaron polas salas de cine para asistir ás proxeccións da Selección Oficial de Curtametraxes, a competición de longametraxes Panorama e as diferentes sesións especiais programadas ao longo dos dez días de festival.

A cifra supón un novo paso no crecemento do GFFF, que nesta décima edición desenvolveu o programa máis amplo da súa historia, con novas seccións, actividades e colaboracións que se sumaron ás propostas xa consolidadas do festival. Este ano o certame recibiu por primeira vez financiamento do ICAA, pertencente ao Ministeio de Cultura, ademais das institucións galegas.

PALMARÉS

O palmarés da décima edición deuse a coñecer este sábado durante a gala de clausura nos cines Tamberlick da Plaza Elíptica, previa á proxección de Big trouble in little China.

Por parte do xurado, o Gran Premio GFFF á curtametraxe máis freak foi para Dieu est timide (God Is Shy), de Jocelyn Charles. O Premio Ben Dito ao mellor guión recoñeceu The Sentry, de Jake Wachtel, e Ante o avesío, de Xaime Miranda Méndez, como Mención Especial.

O Premio Ben Feito á mellor realización foi para Leivalaul (Breadsong), de Katariina Aule, que tamén recibiu o Premio Méliès d’Argent á mellor curtametraxe europea. O Premio Neuronas Fritidas á curtametraxe máis turbia ou extrema recaeu en Tele XXX, de Johnny Massahi, con ¡Pika!, de Alex Fischman Cárdenas, como Mención Especial.

O Premio Arrepío á mellor curtametraxe de terror foi para Grandma Is Thirsty, de Kris Carr, mentres que.

A película The Furious, de Kenji Tanigaki recibiuo Premio Panorama á longametraxe máis aplaudida, outorgado polo público. O público tamén decidiu o Olimpo dos Freaks á curtametraxe máis aplaudida, que foi para Burbulha, de Fernando Alle. O público tamén decidiu o Premio Escarállome á mellor curtametraxe de humor, para Antitermitas, de Alex Rey e o Premio Galician Freak á mellor curtametraxe galega.

Completan o palmarés os galardóns elixidos polo equipo do festival. O Premio Luis Barboo á actuación secundaria máis sufrida recoñeceu a Brian Le por The Furious. O GFFF recoñeceu ademais a traxectoria de Lloyd Kaufman e Chris Walas cos Premio de Honra “Deus dos Freaks”.

Premios do xurado
GRAN PREMIO GFFF á curtametraxe máis freak
DIEU EST TIMIDE (GOD IS SHY) de Jocelyn Charles (Francia)
PREMIO BEN DITO ao mellor guión
THE SENTRY de Jake Wachtel (Camboxa/Noruega/EEUU)
Mención Especial PREMIO BEN DITO ao mellor guión ANTE O AVESÍO de Xaime Miranda Méndez (Galicia)
PREMIO BEN FEITO á mellor realización
LEIVALAUL (BREADSONG) de Katariina Aule (Estonia)
PREMIO NEURONAS FRITIDAS á curtametraxe máis turbia ou extrema TELE XXX de Johnny Massahi (Reino Unido)
Mención Especial PREMIO NEURONAS FRITIDAS á curtametraxe máis turbia ou extrema ¡PIKA! de Alex Fischman Cárdenas (Perú/EEUU)

Premio Meliès
PREMIOS MÉLIÈS D’ARGENT á mellor curtametraxe europea LEIVALAUL (BREADSONG) de Katariina Aule (Estonia)

Premios do público
OLIMPO DOS FREAKS á curtametraxe máis valorada polo público. BURBULLA de Fernando Alle (Portugal)
PREMIO GALICIAN FREAK á mellor curtametraxe galega CARA DE CONA de Guillermo de Oliveiro (Galicia)

PREMIO PANORAMA á longametraxe máis aplaudida THE FURIOUS de Kenji Tanigaki (Hong Kong)
PREMIO ESCARÁLLOME á mellor curtametraxe de humor ANTITERMITAS de Álex Rey (España).
PREMIO ARREPÍO á mellor curtametraxe de terror GRANDMA IS THIRSTY de Kris Carr (Reino Unido)

PREMIO PANORAMA á longametraxe máis aplaudida THE FURIOUS de Kenji Tanigaki (Hong Kong)
PREMIO ESCARÁLLOME á mellor curtametraxe de humor ANTITERMITAS de Álex Rey (España).
PREMIO ARREPÍO á mellor curtametraxe de terror GRANDMA IS THIRSTY de Kris Carr (Reino Unido)

UNHA DÉCIMA EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA E CON NOVAS PROPOSTAS

A celebración dos dez anos serviu tamén para ampliar o programa e probar novas fórmulas.
Entre as principais novidades estivo Panorama, a competición de longametraxes que o GFFF
incorporou por primeira vez á súa programación, con The Furious, Gaua, Decorado e Bagworm como títulos a concurso.

Tamén se incorporou o Freak Pitch & Freak Connection, unha nova actividade orientada ao encontro entre creadoras, creadores e profesionais do sector audiovisual. A programación de industria gañou peso nesta edición, ocupando as mañás na Sala Apostrophe con diferentes masterclasses, mesas de debate e encontros sobre emprendemento cultural, distribución e o sector audiovisual.

Outra das novidades foi a exposición Carteis Fantásticos. 10 anos do GFFF en Vigo coa colección Jean-Loup Passek, que reuniu na sede de Afundación unha selección de carteis europeos de cine fantástico procedentes do Museu de Cinema de Melgaço.

CADA VEZ MÁIS INTERNACIONAL

A décima edición reforzou a dimensión internacional do GFFF, tanto a través da súa programación como da procedencia das persoas convidadas e dos profesionais que participaron nas diferentes actividades. Máis de cen invitados e invitadas chegaron a Vigo desde diferentes puntos de España, Francia, Suíza e outros países, achegando ao festival novas conexións co sector e coa rede internacional de festivais de cinema fantástico.

A presenza internacional tivo un dos seus momentos destacados na visita de Lloyd Kaufman, creador de The Toxic Avenger e cofundador de Troma Entertainment. O cineasta estadounidense foi unha das figuras protagonistas do primeiro fin de semana, durante o que participou na gala inaugural, presentou The Toxic Avenger, impartiu a masterclass Cine, Troma, a vida e a baba verde e participou no encontro Lloyd Meets Freaks. A súa visita supuxo ademais a súa primeira viaxe a Galicia.

Nesta edición, o GFFF consolidou tamén a súa condición de festival membro da Federación Internacional de Festivais Méliès, cun representante no xurado internacional e coa concesión do Méliès d’Argent, que recoñeceu Leivalaul (Breadsong) de Katariina Aule como mellor curtametraxe europea da edición.

Comparte éste artículo
No hay comentarios