Sergio Alba presenta en A Coruña “Dous rombos… Pasa para a cama”

Sergio Alba, presenta en A Coruña o divertidísimo espectáculo de humor «Dous rombos… Pasa para a cama» Un desternillante show no que o pasado, estará moi presente.

É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor.

Lembraremos entre moitas risas, aquel tempo no que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor.

Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade.

Para asistir a este show retro-activo, soamente se precisa gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.

A cita, será no emblemático Café Tío Ovidio (Orzán, 89) o xoves 29 de outubro, ás 20:30 horas. As entradas anticipadas, xa están dispoñibles no local e tamén online nas redes sociais de @dousrombos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios