O Concello de Lugo introduce cambios na programación desta tarde do San Froilán ante o mal tempo

Ante as condicións meteorolóxicas previstas para esta tarde, o Concello de Lugo vese obrigado a introducir modificacións na programación do San Froilán.

👉 Los Satélites trasladan a actuación DE HOXE  ao MARTES 13 de outubro, ás 20:00 horas, na Praza Maior.

👉 Os pasarrúas previstos para esta tarde quedan cancelados e serán reprogramados noutras xornadas.

👉As actividades a cuberto mantéñense, entre elas o Escenario Zanfona, na Praza de Santa María, e o concerto «Parabéns para nós!», no Patio do Edificio Administrativo do Concello.

👉Mantéñense os concertos da PRAZA DA HORTA DO SEMINARIO. 9LOURO; The Rapants

Comparte éste artículo
No hay comentarios