O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe a iniciativa de ocio activo Funtastik que mestura en Expourense unha oferta de deporte, xogo e aprendizaxe en valores, reunindo nesta mañá a preto de 500 rapaces e rapazas procedentes de diferentes puntos da provincia.
Este proxecto inclúe actividades vencelladas á educación, á sustentabilidade, ao consumo responsable ou á igualdade. Nesta segunda edición, incorpora novidades como as zonas de actividade física e aventura, xunto con campañas como “Mercar con sentido” ou “Galicia Máxica”, cunha previsión de participación de máis de 40 centros educativos da provincia.