Presidente de Coalición Galega
Nin Sanchez nin Feijoo, os grandes xestores deste país, nin tan siquera a gran Yolanda Díaz, foron quén de suxerir unha solución coherente en tempo e forma para a recente invasión de Ceuta e moito menos para o problema da vivenda en España.
Ana Belén Vázquez e JJ Vivas son as caras visibles do PP neste drama humano.
Vivas chegóu ó cargo tras unha moción de censura despóis de ir de número cinco na candidatura do PP nás eleccións de 1999.
Vazquez forma parte da garda pretoriana do acuartelamento popular ourensán, e consegue o que non logrou nin o mesmísimo Tejero, o desaloxo do Congreso dos Deputados, ao tempo que se converte na gran defensora das mulleres ceutíes.
Anno Domini 2015, PSOE e BNG non se poñen dacordo no Goberno da Deputacion de Lugo e fanlle entrega da mesma durante tres meses ao PP.
Xa a comezos de 2024, a comedia continúa, e coma o demo cando non ten que facer mata moscas co rabo, o PSOE ten a grande ocurrencia de activar o relevo da Alcaldía de Lugo como “reforzo”do seu Secretario Xeral en Galicia. Menudo pifoste que teñen montado desde entonces na cidade das murallas as dúas candidatas da antiga provincia Mindoniense, e para màis inri baronesas dos dous grandes partidos da nación española.
Todo o que está a envolver a política deste país noso chamado Europa, España ou Galicia, é obscuro e mediocre, coma os personaxes que deberan estar a defender os intereses dos cidadáns e non os das grandes corporacións.
E se non que llo pregunten ós lucenses, ourensáns ou ceutíes que están á cola en caseque todolos rankings de desenrolo económico e de benestar.
Coidan vostedes que estos personaxes que viven da política, sen experiencia laboral algunha, nos van a solucionar o problema da vivenda ou da inmigración, ou van sacar do ostracismo a comunidades consideradas de segunda ou terceira como Galicia, Extremadura, Canarias, Andalucía, León ou Castela?
Unha das cartas que podería ter xogado o actual goberno “progresista” era botar man da Sareb para alugar e vender vivenda social en España pero preferiron seguir colaborando cos fondos voitre ao máis puro estilo da exprimeira dama i ex alcaldesa de Madrid, que tanto teñen criticado.
A Sareb adxudicou a Hipoges e a Anticipa-Aliseda, entidades pertencentes a Fondos Voitre, a xestión de préstamos e inmobles por máis 25.000 millóns de euros tras a súa Nacionalización en Xaneiro de 2022.
Conviría facer unha comparativa da fracasada e ruinosa política comercial que seguiu a SAREB con respecto á exitosa do Banco
Malo irlandés cuxa débeda privada foi cancelada antes do previsto.
Resulta evidente que tanto populares como socialistas e comunistas están máis pendentes de servir aos intereses das grandes corporacións que non aos dos cidadáns que os elexiron para defender o seu dereito a unha vivenda digna.
Por outra banda a falta de promoción e fomento da vivenda pública por parte das aministracións autonómicas en España é un feito.
Durante décadas, gran parte da Vivenda de Protección Oficial promoveuse para a venda e, pasado un prazo legal quizaves demasiado curto, esas vivendas pasaron ao mercado libre. Isto fixo que o parque público de vivenda social actual sexa residual (arredor do 2%) moi lonxe do 9% da media na Unión Europea
E se para solucionar a vivenda, a inmigración, o despoboamento ou o atraso territorial seguimos necesitando únicamente discursos, comunicados, guerras partidarias e fotografías de grupo, talvez o problema non sexa que falte política.
Talvez sexa que sobra.
Ou, polo menos, sobra desa política que sabe perfectamente como chegar ao cargo e aínda está buscando como chegar aos resultados.
Porque Ceuta, Lugo, Ourense i España en Xeral non necesitan máis capítulos da serie.
Necesitan que, dunha vez por todas alguén empece a dar solucións.