Nova vitoria para unha Escola Cabrejo que aínda non coñece a derrota nin encaixou gol nestas dúas xornadas desputadas. Cun fútbol moi práctico como é costume nelas, defendendo e aproveitando ás contras para que as súas atacantes maten o partido.
Un primeiro tempo moi igualado sen apenas ocasións, onde a mellor foi para Grecia polas locais e a de Erika para as visitantes, cun gran balón elevado que case sorprende a Uxía de lonxe. Na segunda metade, as azuis saíron moito máis ambiciosas e pronto Grecia abría o marcador despois dunha xogada de Laura Pose. Tras o gol, foron minutos de dominio camariñán, e dun saque de curruncho que botaba Laura Garrote e pasaba por María, chegaba o remache de Paula para sentenzar un encontro onde o Negreira buscou a área rival, pero nada puido facer ante unhas Bravas que seguen pisando forte.
Foto: Sefy