O Recoletas Salud espera os betanceiros.
Nova cita para o Ineltrón Santo Domingo Betanzos na Tercera FEB (antiga liga EBA). Desta volta e tras a súa derrota na casa fronte á Universidade de Oviedo, o conxunto betanceiro viaxa a Carbajosa de La Sagrada (Salamanca) para medirse ao conxunto local. Os salmantinos, que gañaron por sobrada vantaxe os seus dous primeiros encontros disputados (+18 a Usal Avenida e +16 a Territorio Minero Mieres), conforman un grupo compacto no que ex-Primera FEB Sergio de La Fuente vive unha segunda vida deportiva. Xunto ao 4 vasco (15,5 pp e 7 rebotes) suma tamén bos números o exterior estadounidense Derick Demani James (15, 5 pp) e aleiro castelán-leonés Adrián Marcos (10 pp). Completan a plantilla o senegalés Mdemba Mody, o nixeriano Jeffrey Echezonachukwu ou o base segoviano, con traxectoria no 3×3, Javier Barroso.
Así valora a cita José Amando Pena “Soviético”, o adestrador betanceiro: “O partido de Salamanca vai ser un partido moi difícil. Defenden moi duro (deixaron os rivais en sesenta puntos) e en ataque, aínda que non están tendo moito acerto no tiro exterior, son moi bos nas penetracións e no xogo de 1×1. Afrontamos o partido con ilusión e, se somos quen de igualar o choque en forza e xogamos rápido en ataque, creo que temos opcións de gañar o partido”.
O encontro terá lugar no polideportivo municipal de Carbajosa de La Sagrada (Salamanca) o sábado 17 ás 20h e será retransmitido por BalONcesto TV.
Estrea en liga dos cadetes e do sénior Feminino.
Polo demais, a xornada vén marcada polo comezo da liga da primeira División Cadete para o J. Caamaño Arquitecto e o debut do sénior feminino esta temporada 26/27. Así, se o conxunto dirixido por José Espiñeira e Carlos Gómez recibe ao potente Estudiantes Lugo o sábado ás 12h no José María Valeiro Iglesias “Tocayo, as sénior de Javier Cotelo e Roi Louzán pechan a fin de semana no mesmo escenario contra Los Rosales (domingo, 19h). As infantís de Warnier Informática xogan un novo partido de liga galega na casa contra Culleredo (sábado 10h), as júnior feminino contra Laracha fóra (12h), ao igual que o infantil masculino, que visita a pista de Maristas (16h), as cadetes de Decornaveira, que viaxan a Arteixo (16h), e conxunto de Segunda Autonómica, que xoga contra Básquet Coruña en Riazor (20h).
Na xornada do domingo, amais do sénior feminino, xoga na casa La Goleta contra Oleiros (10h) e o júnior masculino ás 17h contra Compañía de María.