Volve o fútbol da máxima categoría logo da folga polos partidos das seleccións. O Deportivo viaxa a Eibar para xogar contra a revelación da Primeira División 2026/27. Damos datos das de Ipurua logo da volta a Abegondo das internacionais do cadro galego.
Non hai segunda Federación, pero falamos brevemente do 0-5 do Deportivo B ao Celta e do valioso empate do Victoria herculino en Guecho.
O programa focalizouse na parte final no Orzán, que cumpre 500 partidos oficiais. Para iso estivemos co seu presidente, Fernando Taboada, dando un pequeno repaso aos case vinte anos de historia do equipo feminino, o convenio co Deportivo e a dedicación dirixida ao fútbol feminino.
Unha das futbolistas da semana foi Lídia Díaz, a porteira do Val, logo do extraordinario partido contra o Victoria santiagués. Fixemos unha retrospectiva do partido a través dalgunha das súas grande paradas no mesmo.
Por último, tiñamos pendentes a conversa con Abraham Yáñez, responsable do fútbol feminino na RFGF, que nos falou das dificultades que houbo para fixar os plans competicionais e os calendarios da base. Ademais, anunciounos novidades para a mellora da xestión do fútbol feminino a partir de 2027.
Foto: Lidia (O Val). © In The Corner