Leticia Rey lanza videoclip e novo single do seu proxecto “Danza Luz”

Terás que vir e bailar é o título da canción rexistrada nos Estudios Abrigueiro.

Descubre más noticias musicales como ésta

Leticia Rey lanza un novo single do seu espectáculo máis ambicioso, Danza Luz. A canción Terás que vir e bailar chega a todas as plataformas dixitais este sábado día 17. Será o anticipo da chegada de todo o proxecto completo ás plataformas xusto un mes despois, o día 17 de novembro. Tras un periodo no que só se podía escoitar o disco mercando o CD físico, este proxecto que combina danza, escenografía, música e canto, estará liberado para celebrar a gran presentación noTeatro Colón da Coruña o día 22 de novembro grazas á Deputación da Coruña. Antes, o xoves 5, poderá verse no ciclo Xoves na Capela que organiza o Concello de Ferrol.

Danza Luz é un proxecto sobre as sombras da vida, e as súas luces. Unha obra conceptual que se interpreta en directo por orden e sen falar co público, ata que tras a música e a danza, na que está acompañada por Estefi Gómez, chega un coloquio co público sobre a proposta que acaban de ver no esceario. A última representación foi fai xa uns meses no Teatro Principal de Santiago de Compostela, cun grande éxito.

A nova canción chega acompañada por un vídeoclip que estará na canle de Youtube de Leticia Rey tamén dende este sábado 17. Dirixido por Pablo Goluboff e concebido pola propia artista é unha alegoría sobre a onde nos quere levar a vida en loita con onde queremos ir nós.

Rodado grazas a unha axuda da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Oleiros que cedeu o seu auditorio Gabriel García Márquez para a rodaxe. Contamos coa escenografía e a máscara creadas por Carolina Diguelé, premiada nos Premios María Casares deste ano e coa iluminación de Nacho Martín.

Danza Luz regresa para ofrecer pausa vital en medio da beleza do canto e do baile.

Comparte éste artículo
No hay comentarios