Silee celebra o anuncio do seu novo disco co lanzamento “Cando o barco se afunde”

O próximo xoves 5 de novembro verá a luz meu onde estás?, o seu novo traballo discográfico de Longo duración

Descubre más noticias musicales como ésta

Un dos grandes representantes da música urbana galega, Silee, publica o seu novo sinxelo Cando o barco se afunde, que exerce como último adianto do seu inminente traballo discográfico, Meu onde estás?, que verá a luz o próximo xoves 5 de novembro. Neste novo tema, o artista afonda no sentimento de namoramento cara a súa música, confrontada co medo a saltar ao baleiro, aínda que teña boa pinta. Esta temática incorpórase sutilmente no fío argumental do seu novo disco, que xirará arredor desa visión de loitar polo seu soño de vivir da música e ver como, a pesar dos altos e baixos, ese obxectivo vai collendo forza.

Cando o barco se afunde é unha demostración máis da faceta multidisciplinar de Silee. A creación das letras, a produción do tema, as partes de ukelele e ata as portadas e o videoclip corren ao seu cargo, amosado que se pode autoproducir un dos proxectos máis interesantes da escena urbana galega dende cero e alonxado das grandes urbes. Este sinxelo vén acompañado dun videoclip dirixido polo propio Silee e gravado por el mesmo e Diego Ferradás nas inmediacións de Bueu.

Tras o enorme éxito viral de Milajros de Amil, primeiro sinxelo desta etapa que xa conta con maís dun millón de escoitas e que se colou entre os 20 temas máis virais de España na plataforma Spotify, e o lanzamento deBruxa Curuxa, Orballo, Furancho e Na de Juan, o bueuense encara a recta final do lanzamento de Meu onde estás?, o seu novo traballo discográfico de longa duración. Este lanzamento vén acompañado dos primeiros anuncios de actuacións fóra de Galicia en 2027 do artista, como parte da xira de presentación do que vai ser o seu novo disco, con actuacións na sala LAUT de Barcelona o 18 de febreiro e na Sala Maravillas de Madrid o 19 de febreiro. As entradas están á venda en dice.fm.

PRÓXIMAS DATAS EN DIRECTO

30/10 La Conservera · Viveiro

18/02 Sala LAUT · Barcelona

19/02 Sala Maravillas · Madrid

MÁIS SOBRE SILEE

O cantante galego Silee é unha das grandes sensacións do momento no panorama musical urbano. Artífice dunha das cancións máis virais do 2026 en galego, Milajros de Amil, o bueuense transita  de maneira ecléctica e con naturalidade por xéneros como a bachata ou a cumbia entre outros, mesturando e renovando estes estilos nunha proposta que xa está a revolucionar as redes sociais, conectando con novas xeracións de ouvintes.

A súa frescura musical está a causar sensación dentro dun xénero inmerso nun grande auxe neste ano, emerxendo como unha das figuras máis destacadas do mesmo. Cun forte arraigo á súa terra, o de Bueu busca deixar pegada alonxado das grandes urbes, traballando por volver situar á súa vila e a Galicia no mapa musical actual. 

Con xa dous EPs e un álbum publicados dende os seus comezos en 2023, Silee está inmerso na preparación dun novo traballo discográfico en galego que verá a luz este próximo xoves 5 de novembro. A súa canción insgnia foi Milajros de Amil, tema que foi unha das grandes sensacións da música en galego no comezo de ano, chegando a acadar preto de medio millón de escoitas en dous meses. A viralidade deste primeiro adianto foi tal que antes de lanzarse en plataformas o tema xa aparecía en centos de vídeos de distintas redes sociais e dous meses despois do seu lanzamento entrou no Top 18 de cancións máis virais de España na plataforma de streaming Spotify.

O espírito inquedo e a creatividade do artista galego levárono a autoproducir os seus temas, ao igual que os seus videoclips, reafirmando o seu estatus como artista multidisciplinar. Cos focos postos nel tras a grande repercusión acadada neste ano, o artista traballa para elevar o seu proxecto e talento cara novas cotas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios