Carme Da Silva: “O 29N está en xogo ter peso político para dar solucións aos problemas dos galegos e as galegas. O BNG apela á cidadanía para que vote con convicción e ilusión”.
No almorzo informativo que tivo lugar esta mañá en Pontevedra, Carme Da Silva e Néstor Rego apelaron ao voto da esperanza, da ilusión e da confianza na Galiza da man do BNG, cun BNG máis forte nas Cortes do Estado a presenza da Galiza está garantida.
Néstor Rego: “A única forza política que medra na Galiza é o BNG”
Néstor Rego deixou claro que “o traballo realizado polo BNG é a mellor garantía de futuro para a Galiza”. Contrastou o labor do BNG coas promesas electorais doutras forzas políticas que “se esquecen do prometido, sobre todo cando se trata da Galiza”. As últimas lexislaturas demostraron que a Galiza é a centralidade do BNG que “antes mesmo de que se produza unha investidura, o BNG xa colocou as súas propostas para negociar”. Así mesmo, fixo un balanzo positivo do Acordo de investidura a pesar do adianto electoral que deixa algunhas materias no ar como a quita da débeda de 4.000 millóns a Galiza que Rueda rexeita.
Afirmou que BNG cumpre os seus compromisos coa Galiza, cos avances sociais e democráticos e traballou en pro de políticas transformadoras. Tamén resaltou que “fomos un muro de contención frente ao bloco reaccionario” e alegou que “imos disputarlle escanos a dereita e a ultradereita, porque BNG é a única forza que está a medrar na Galiza e que temos a potencialidade de obter unha representación máis importante”. Afirmou encarar as eleccións “con confianza e esperanza. Vai haber unha representación galega máis forte e cerraremos o paso é involución”.
Carme Da Silva: “o 29N podemos darlle á Galiza o peso político que merece da man do BNG”
Carme Da Silva fixo valer a “ilusión” coa que desenvolveu o traballo por Galiza e por Pontevedra no Senado. Evidenciou que só o BNG introduce na axenda estatal os temas da Galiza. “Se BNG está, Galiza está”.
Falou de futuro, da necesidade de atender aos problemas que afectan directamente á necesidade á calidade de vida dos galegos e das galegas como as pensións pois “temos das pensións máis baixas do Estado, ou as urxentes necesidades en vivenda onde hai unha responsabilidade compartida porque a Xunta ten a competencia exclusiva pero tamén ten responsabilidade o Goberno do Estado, non chega con facer decretos en tempo de desconto”. Así mesmo lembrou as vivendas da Sareb que “deben ser mobilizadas a prezos sociais hai tempo” e, nese sentido, puxo de exemplo Pontevedra onde a Sareb ten centos de propiedades máis “actúa como un fondo de investimento”.
Defendeu a necesidade de que “Galiza alcance máis peso político. E para que Galiza teña máis peso político ten que ter máis peso o BNG. Vainos o futuro nelo”, enfatizou. Alegou a importancia de “termos máis capacidade para introducir os temas de Galiza na axenda e impulsar as solucións, mencionando as infraestruturas, a Lei de Dependencia que costa máis na Galiza polas nosas especificidades, ou políticas sociais.
Lores: “A presenza do BNG en Madrid é imprescindíbel”
Miguel Anxo Fernández Lores agradeceu o traballo da senadora Carme Da Silva e do deputado Néstor Rego en Madrid porque “para o concello de Pontevedra e para min como alcalde facilitan moito as cousas” e afirmou que “a presenza do BNG en Madrid é imprescindíbel, e canta máis forza teñamos, máis e mellor poderemos defender os intereses da Galiza”.
Dixo que “cando o BNG está en Madrid, Galiza está presente e se escoita falar dos nosos problemas” e ironizou cos parlamentares doutras forzas políticas que “cando atravesan o Padornelo convértense na procesión dos caladiños” ao tempo que asegurou ter “moita esperanza nestas eleccións xerais”.