O divulgador e escritor Rodrigo Costoya ofrecerá esta conferencia comentando que os recentes avances consolidan o que conta a súa primeira novela Portosanto recén reeditada nunha nova versión en galego.
A orixe dunha das persoas con máis sona da humanidade foi mal contada nos libros de historia de case todo o planeta. A día de hoxe, se buscamos información seria, ninguén dubida xa de que non era xenovés. As primeiras publicacións en revistas científicas sobre os avances logrados por expertos en ADN da Universidade Complutense de Madrid están en fase de validación definitiva. E apuntan na mesma dirección que a historia narrada na ficción pola novela Portosanto do escritor e divulgador Rodrigo Costoya.
Tras chegar a seis edicións coa editorial orixinal a novela quedara descatalogada. Eses avances provocaron que a editorial madrileña Pàmies apostase por lanzar unha nova edición renovada desa obra na que se narra cómo un neno, fillo bastardo dun dos grandes nobles galegos, acaba sendo, con nova identidade, esa persoa que coñece todo o planeta como Cristóbal Colón.
En ocasións, a realidade supera a ficción, e este é un dos casos. Calquera persoa que teña curiosidade por coñecer en profundidade esta fascinante historia dun galego que cambiou a historia da humanidade cunha viaxe arriscadísima.
A conferencia de Rodrigo Costoya será no Circo de Artesáns da Coruña ás 19:30 horas do sábado 24 de outubro con entrada libre. Ao finalizar servirase un viño do Ribeiro que aparece na novela considerado como o mellor viño do mundo no século XV.
Foto portada: Paula Amati