A noticia máis mediática da semana no fútbol feminino galego foi o retorno de Tere Abelleira. A pontevedresa ficha polo At. Madrid, pero non poderá xogar até que recupere totalmente da súa lesión. Iso nos deu pé a comezar cun extracto da entrevista de Marta Cardona para El Patio, na que tamén falou como se sentiu no club merengue logo da súa cirurxía de menisco.
O Deportivo deu a sorpresa da semana ao derrotar ao Eibar nun partido de 120 minutos. Reflectimos sobre iso e presentamos o novo enfrontamento ligueiro contra o Alavés en Riazor. Partido no que ambos equipos xogan por algo máis que tres puntos. Lucía Pardo compareceu esta semana ante os medios.
No fútbol de Segunda Federación facemos unha breve presentación da nova xornada para os tres equipos galegos e entrevistamos á victorista Laura Izard, unha viguesa na que o Celta non pensou malia os seus números en Sárdoma e que leva dous anos no norte.
No apartado de fútbol autonómico presentamos a nova xornada da Terceira Federación e entrevistamos a Ainara Davila, que nos dá unha nova perspectiva sobre o Tomiño, alén de desvelarnos a mudanza no banco do club, Borja González foi o primeiro destituído da temporada.
Foto: Ainara (Tomiño). © In The Corner