O Concello de Lugo licita a urbanización dunha marxe da rúa Virxe da Soidade, nas Gándaras

O Concello de Lugo licita a contratación das obras de urbanización dunha marxe da rúa Virxe da Soidade, no barrio das Gándaras, co obxectivo de mellorar a seguridade no uso desta vía. Trátase dunha actuación cun longo percorrido, que o Partido Popular vén reclamando desde hai anos e que agora, tras uns meses do novo goberno avanza cara á súa execución.

Hai que lembrar que a  Xunta de Goberno Local do 18 de xaneiro de 2017 xa encomendara a EVISLUSA a elaboración do proxecto para urbanizar parcialmente unha marxe desta rúa pero a intervención quedou sen executar durante anos.

O PP mantivo esta demanda durante a súa etapa na oposición, pediu partidas nos orzamentos que o anterior goberno rexeitou.

A mellora da rúa Virxe da Soidade formou tamén parte dos compromisos asumidos polo actual Goberno municipal ao presentar o seu plan de actuación para Lugo.

O contrato que se ven de licitar conta cun orzamento base de licitación de 152.554,59 euros e o prazo de presentación de ofertas remata o 12 de novembro de 2026.

Esta actuación exemplifica o sentido do Lugo dos feitos: dar continuidade ás demandas veciñais, desbloquear actuacións que quedaron pendentes e avanzar con medidas concretas que melloren a seguridade e a vida diaria nos barrios.

Comparte éste artículo
No hay comentarios