Mulleres Cristiás Galegas: A teóloga Pepa Torres Pérez presenta en Galicia o seu novo libro: Guiadas por el deseo.

Esta semana visita Galicia a coñecida teóloga feminista e activista do barrio de Lavapiés, Pepa Torres Pérez, para presentar o seu último traballo literario, Guiadas por el deseo. Itinerarios de amor y projimidad.

O libro recolle o traballo e a experiencia de máis de 25 anos facilitando exercicios espirituais, reinterpretados baixo novos paradigmas teolóxicos e cunha fonda vocación social. Unha obra que convida a recuperar o desexo como forza de liberación e raíz profunda das nosas vidas.

Nas presentacións estará acompañada polas activistas e investigadoras Pilar Wirtz, Marisa Rodríguez e Marisa Vidal.

Datas e lugares das presentacións:

Santiago de Compostela

Data: Xoves 29

Lugo

Data: Venres 30

Comparte éste artículo
No hay comentarios