Socio nº 8218 do Real Club Deportivo da Coruña
Nesta finde e na anterior, viñéronse de producir resultados negativos no conxunto herculino, analicemos partido por partido:
A semana pasada fronte o Levante, o Deportivo non fixo un gran partido mais estivo a piques de gañar logo de que Nsongo Bill mediada a segunda parte abrise o marcador logo dun partido turbio que a partir dese momento parecía ter controlado. O que sucedeu case rematando o partido non tivo nome, un disparo do Levante aparentemente fácil para Leo Román, e a este escapouselle o balón e acabou convertíndose no empate do Levante. Para mais inri, case ao final, o Deportivo tivo a oportunidade de levarse os tres puntos logo de que Villares quedou só ante o porteiro e este decidiu pasarlla a Asp Jensen que con case toda a portería para el, tirouna ao longueiro, desbaratando así unha posibilidade de que os tres puntos quedasen no feudo branquiazul.
Nesta finde, fronte a un gran equipo e no seu feudo como é o Atlético de Madrid, o conxunto coruñés realizou un gran partido recuperando a meirande parte dos balóns aínda que algo impreciso en ataque, mereceu mínimo levarse un puntiño, pero xa se sabe, o fútbol é así, cando non entra a pelotiña, non hai nada que facer.
No último minuto de desconto, pasou o mais difícil, Adama Traoré fixo un centro a Kevin no que este só tiña que empurar o balón pero non o creu e tirou ao boneco, cousas que pasan no fútbol, outra vez será.
Con todo isto, vexo a un Deportivo sólido que agora mesmo nota as baixas de Casadó no medio do campo e Aubameyang na dianteira, mais este equipo penso que non terá problemas para acadar o obxectivo da permanencia.
Non hai que alarmarse e hai que seguir apoiando, FORZA DÉPOR SEMPRE