Alexandre Penas: “A Xunta malgasta cartos en pintar propaganda institucional mentres non renova a marquesiña de Castelo”

O concelleiro do BNG Alexandre Penas criticou hoxe que a Xunta de Galiza destine recursos a pintar propaganda institucional na beirarrúa do núcleo de Castelo mentres mantén sen repoñer a marquesiña do autobús, cuxa retirada se produciu hai case dous anos.

Penas subliñou que a instalación e reposición desta infraestrutura corresponde estritamente á administración autonómica: «Quen a retirou foi a Xunta e ten que asumir as súas responsabilidades e repoñer esta marquesiña antes de que comecen as choivas, para garantir que a veciñanza teña un lugar axeitado para agardar o bus«.

O BNG, que mantivo diversos encontros cos residentes da zona nos últimos meses, lamentou que o Partido Popular ignorase de xeito reiterado esta demanda veciñal formulada en múltiples ocasións dende o ano 2025.

Comparte éste artículo
No hay comentarios