O CD Lugo mantén a primeira praza nunha xornada na que erraron os seus perseguidores máis próximos na táboa. Godoy non marcou, pero axudou a abrir a vitoria forzando un penalti que transformou Gallar. Despois, á contra, Chiqui aumentou a diferenza. No segundo tempo, nun exceso de vista de Embadje, Hallsson reduciu a distancia para entrar nun final de partido incerto no que o Lugo conservou a vantaxe comportándose coma un líder.
Un líder incontestable
Como de costume, o Lugo saíu a exercer o dominio desde a posesión e non demorou dous minutos en atopar espazo na banda dereita para que Gallar puxera a proba por primeira vez a Csenterics.
Aos cinco minutos, logo dunha falta lateral desde tres cuartos, Kike recolleu a pelota na área e foi golpeado por Barbu. García Riesgo pitou penalti, pero o anulou tras a consulta no monitor,
A primeira aproximación emeritense, ao cabo do cuarto de hora, foi tímida. Tratouse dun remate por alto de Koné mandando a pelota desviada.
O segundo penalti do partido, este de verdade, foi sinalado aos 22 minutos, nunha acción rápida de Godoy, que se anticipou ás dúbidas de Csenterics e dous defensas cando tiñan vantaxe. Deixaron facer ao atacante, que mandou unha vaselina curta para completar o ol superado o meta, que o derrubou antes, na mesma raia da área grande. Gallar executou e mandou a pelota para o lado contrario ao que se lanzou Csenterics.
O Lugo marcou máis distancia no choque romano á contra. Pasada a media hora, Ulloa correu pola dorsal do campo en dirección á área rival, Chiqui dobrou pola esquerda, recibiu e superou por abaixo a saída de Csenterics.
O prolongamento durou sete minutos e neles tivo a mellor ocasión o Mérida. Hallsson tomou o balón no corazón da área e porfiou até atopar o seu ángulo de disparo, pero mandou a pelota á esquerda da portería de Embadje.
Sufrimento innecesario
Borja Fernández retirou do partido ao amoestado Godoy. O Lugo, malia vantaxe, non cedeu e Gallar, no minuto 52, obrigou a que Csenterics salvara o terceiro gol cunha extraordinaria estirada xunto á escuadra esquerda da súa portería.
O partido non perdeu intensidade, pero nin coas substitucións en ambos bandos houbo claras ocasións de gol alén de disparos tras xogadas elaboradas que batían contra os corpos dos defensas.
Só mudou a tónica o Mérida no minuto 76. Un centro ao corazón da área non foi dominado por Kike, e moito menos por Embadje, que saíu en falso e Hallsson, saltando máis que os citados, rematou coa cabeza introducindo a pelota pegada ao poste.
O partido entrou na parte final con xogo brusco e incerteza. Dauda, desde o bico esquerdo da área, mandou un libre directo ás mans de Csenterics.
O prolongamento foi de oito minutos, que sería dun máis pola derradeira substitución no Mérida. O xogo perdeu calquera organización. Os avances emeritenses lembraban aos dos patios dos colexios ante unhas posicións locais distanciadas. Unhas veces Hallsson, outras Jota carretando a pelota como polo sen cabeza, mentres o tempo corría a prol do líder,
Empurróns, palabras tensas con Dauda case sempre polo medio e o árbitro de mediador evitado máis cartóns. Os punteirolos arriba e adiante de Lucero eran festexados na bancada, que só quería escoitar o asubío final, Morchiladze arrincaba a golpes de peito e Dauda forzaba a falta no medio do campo antes da cabalgada final que puxo en pé ao Ángel Carro. O Lugo, ao abeiro de tres mil seareiros, aseguraba os tres puntos fortalecendo o liderado unha semana máis,
Ficha
DOMINGO 01/11/2026 (18,45) Campo: ÁNGEL CARRO (2.995)
C.D. LUGO : 2 – A.D. MÉRIDA : 1 (2‑0)
LUG : Embadje; Lucero, Kike, Pol Moreno, Simón; Parrilla, Ulloa (Berzal 88’), Godoy (Dauda D); Gallar (Morchiladze 81’), Álex Costa, Chiqui (Perera 81’). Tre. Borja Fernández. (Banco: Marc Martínez (g); Candal (g); Achore; Hugo Pascual; Pere Haro; Kevin; Mateo; Palma).
MER : Csenterics; Jay (Areso 81’), Nacho, Hugo Carrillo (Geo Almeida 81’), Barbu (Fito 65’); Jota, Martín Solar, Beneit (Guagua 89’); Hugo Sanz (Sandoval 65’), Hallsson, Koné. Tre. Fran Beltrán, (Banco; Álex Gil (g); Guagua; Dibtrani; Aranda; Doncel; El Ftouhi; Salguero).
Goles: 1-0 Gallar 23’(p); 2-0 Chiqui 31’; 2-1 Hallsson 76’.
Árbitro: García Riesgo (Asturias). Auxiliares: Corgo Suárez e González Eguren Álvarez. 4º árb.: Martínez Rodríguez.
Disciplina: CA: Csenterics 21’; Godoy 37’; Nacho 42’; Beneit 56’; Jota 63’; Areso 85’; Álex Costa 89’.
Foto: Ullou pelexando con Jay. © 21noticias.com