O punto foi o mellor dun Pontevedra plano en Baracaldo (0-0)

Un Pontevedra pouco propositivo rabuñou un punto na súa saída a Baracaldo, que mitiga un pouco a eliminación copeira do martes. O Barakaldo foi mellor no primeiro tempo dun partido que pareceu quebrarse antes do descanso. Na volta dos vestiarios as defensas impuxéronse aos ataques.

Precipitacións e pregamento

Chegaba o Pontevedra a Baracaldo tocado pola eliminación copeira ante o Arosa o pasado martes, pero en fase ascendente na liga. Os locais, logo dun mal comezo de torneo e sempre competitivos en Lasesarre, querían fuxir dos postos baixos.
Os dous técnicos sacaron onces moi recoñecibles o que non significou que os primeiros compases foran precipitados. Os dous equipos querían chegar con pouca elaboración ás áreas rivais.
Nese contexto, o Barakaldo saíu máis beneficiado. Sen ser efectivo, alcanzaba con máis frecuencia a área de Marqueta, provocando dirante o primeiro cuarto de hora tres saques de esquina que non tiveron consecuencias. Como consecuencia do penúltimo, Marqueta chapou un xute de Castillo.
O Pontevedra rematou por pregarse. Sen unha boa presión sobre a saída dos locais, tentou roubar desde máis atrás. A primeira vez que o fixo foi grazas a Iker Ivorra, que se responsabilizou da subida, abriu á esquerda para o acompañamento de Rui Pedro, cuxo centro foi rematado por Gaye sen efectos para o marcador.
Pasada a media hora, na xogada máis elaborada do Pontevedra, Yelko lanzou por riba ro traveseiro despois que Gaye errara un remate anterior dentro da área.
Parecía que o Pontevedra atopaba un xogo de maior compromiso ofensivo, pero aconteceu o contrario e viuse comprometido en dúas accións locais,A primeira a contra,, que desbaratou Marqueta, e a segunda, nun remate de Mattheus que pasou a rentes do pau. Logo, Álvaro Pérez sacou perto da raia de gol, e sen evitar o susto á parroquia visitante, un centro xute de Mattheus ao que non chegou Huidobro.

Sen chegadas

O segundo tempo comezou cunha xogada de Elejalde e un saque de esquina a prol do Pontevedra logo que un defensa desviase o disparo final de Gaye. Antes da hora de xogo os dous técnicos comezaron a trocar as súas pezas. O partido equilibrouse e comezou a concentrarse no centro do campo.
No minuto 75, o Pontevedra reclamou un posible penalti a Ilias que, logo da revisión, acabou convertido nunha falta do xogador granate.
O máis destacado do cadro galego foi no minuto 81, cando Vidorreta, na subida colectiva por unha acción de estratexia a balón parado, mandou o seu remate desviado.
O máis desafortunado do partido chegou cara ao final. Peña resultou lesionado e tivo que entrar a padiola para retiralo do campo.
No prolongamento, Mba non puido superar a Campos e Vidorreta sacou da área granate un centro perigoso dos locais.

Ficha

DOMINGO 01/11/2026 (12,00) Campo: LASESARRE (2.000)
BARAKALDO C.F. : 0 – PONTEVEDRA C.F. : 0 (0‑0)

BAR : Campos; Muguruza, Pablo, Marotías, Zoilo; Castillo, Mattheus (Badiola 76’), Huidobro (Xemi 61’), Troncho (Collado 76’), Peña (Markel Ruiz 89’); Endika (Cabo 61’). Tre. Imanol de la Sota. (Banco: Ispizua (g); Samu Calera; Beñat; Xavi Sola; Sustatxa).
PNT : Marqueta; Vidorreta, Álvaro Pérez, Alba, Rui Pedro; Elejalde, Iker Ivorra (Jerin 87’), Gaye (Ilias 65’), Yelko, Luisao (Argos 65’), Compa (Mba 56’). Tre. Rubén Domínguez. (Banco: Galindo (g); Juanra; Álex González; Ergouai; Alberto Gil; Omoregbe; Marcos Bravo).
Goles:
Árbitro: Armando Ramo Andrés (Aragón). Auxiliares: Ferrando Arnal e Domínguez Rubio. 4º árb.: Fle Usón.
Disciplina: CA: Compa 16’; Castillo 66’ / Jandro Nóvoa (prep. fís. PNT) 29’

Comparte éste artículo
No hay comentarios