O Concello de Lugo celebra os actos institucionais de Todos os Santos cunha ofrenda floral encabezada pola alcaldesa, Elena Candia, e a familia do falecido no seu 25 aniversario.
O Concello de Lugo celebrou este mediodía os tradicionais actos institucionais con motivo do Día dos Defuntos no Cemiterio Municipal de San Froilán, nunha emotiva xornada adicada á homenaxe e á lembranza de todas as persoas falecidas.


O evento deste ano contou cun significado especial ao coincidir co 25 aniversario do falecemento de Armando Durán Miranda. Os fillos do histórico veciño lucense participaron activamente na homenaxe, destacando a presenza de Carlos Durán, quen acompañou á alcaldesa, Elena Candia, e ao resto de membros da Corporación municipal na tradicional ofrenda floral ante acompañamento institucional e veciñal.
Un acto institucional para preservar a memoria local
A cerimónia no camposanto municipal consolidouse un ano máis como un espazo de encontro para a corporación e a cidadanía lucense, combinando o recordo xeral aos difuntos coa posta en valor de figuras salientables da historia recente da cidade como Armando Durán, cuxo legado mantense moi presente na memoria colectiva de Lugo.