A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo organiza unha charla en Carral contra os proxectos que amenazan a auga

O evento terá lugar o vindeiro sábado día 7, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Carral para analizar dende un punto de vista técnico o impacto ambiental na comarca.

A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo organiza unha charla-coloquio o vindeiro sábado día 7, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Carral. O acto terá como poñente principal a Máximo Florín Beltrán, profesor titular da Universidade de Castela-A Mancha, embaixador do Pacto Climático Europeo e destacado biólogo e ecoloxista.

Encoro Reversible de Meirama

Os temas principais que se abordarán no encontro son:

  • O Proxecto do Encoro Reversible de Meirama: Situado no nacemento do río Barcés e nunha das cabeceiras do río Anllóns, afectará ao subministro de auga do Concello da Coruña e de varios concellos da comarca de Bergantiños. Nesta mesa participan Mar García e Jessi Otero.
  • O Proxecto da Planta de Biogás da Laracha: Localizado noutra das cabeceiras do río Anllóns, afectará ao subministro de auga dos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Participa Vanesa Abeleira.
  • Outros proxectos que ameazan a contorna: Analizaranse o impacto sobre un ben indispensable para a vida coma é a auga e outras iniciativas que prexudican o territorio.

Proxecto da Planta de Biogás proxectada en Soandres, A Laracha

Todos estes aspectos seren analizados dende un punto de vista científico e técnico, co obxectivo de dar resposta ás dúbidas institucionais e ambientais da veciñanza e dos socios.

Sobre a asociación organizadora

A Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo é unha organización veciñal, ecoloxista e independente con sede en Carral (A Coruña), rexistrada oficialmente en 2022. Naceu coa finalidade de defender o territorio, o patrimonio e o medio ambiente mediante a organización de actividades informativas e mobilizacións para loitar contra proxectos invasivos, tales como parques eólicos, plantas de biogás, centrais reversibles ou subestacións.

Así mesmo, a entidade promove activamente a protección da riqueza natural e cultural do Monte Xalo e do Val de Barcia, onde nos últimos anos se realizaron destacados achados arqueolóxicos, de arte rupestre e de catalogación de humedais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios