A alcaldesa, Elena Candia, e o concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Gallego, reuníronse co arqueólogo municipal, Enrique González Fernández, e coa restauradora Iria López, que lles explicaron o estado dos traballos de conservación e as necesidades das ventás arqueolóxicas da rúa Doutor Castro, da praza de Santa María e da praza de San Marcos.
Nas últimas semanas realizáronse traballos de limpeza e restauración, así como o seu selado .
Esta primeira actuación é un paso previo para avanzar nunha intervención de maior alcance, máis ambiciosa. Para iso, os orzamentos municipais de 2027 se incluirá unha partida destinada a garantir a impermeabilización e actualizar o sistema de ventilación que evite as condensacións.
Ademais, no caso das ventás de Doutor Castro, xa se deron instrucións para protexelas do paso de vehículos e da maquinaria dos servizos de limpeza.