Concentración en Foz en defensa dun servizo de pediatría digno e continuado

A Plataforma Salvemos a Sanidade Pública da Mariña convoca a veciñanza a unha nova concentración en defensa dunha sanidade pública de calidade. A movilización celebrarase o luns 9 de novembro, ás 11:00 horas, diante do Centro de Saúde de Foz, co obxectivo de denunciar a precariedade asistencial que sofre a área de pediatría.

Baixo a consigna «Nin un só día sen pediatría», a plataforma amosa o seu rexeitamento a unha situación que cualifican de insostible para as familias da zona. A falta de cobertura permanente e estable nos servizos pediátricos dos centros de saúde da comarca pon en risco a atención sanitaria axeitada dos máis pequenos, vulnerando o dereito básico dunha asistencia médica digna no rural e nas nosas vilas.

Desde a Plataforma fan un chamamento á participación masiva de nais, pais, profesionais e de toda a veciñanza en xeral para alzar a voz de maneira conxunta e esixir ás administracións competentes que cubran de forma estrutural e inmediata as prazas e ausencias de pediatría, garantindo que ningún neno nin nena quede sen atención médica especializada en ningún momento.

Datos da convocatoria:

  • Evento: Concentración en defensa da pediatría pública.
  • Data: Luns, 9 de novembro.
  • Hora: 11:00 horas.
  • Lugar: Centro de Saúde de Foz.
  • Convoca: Plataforma Salvemos a Sanidade Pública da Mariña.
Comparte éste artículo
No hay comentarios