A Despensa de Saa acolle a presentación de “O silencio non arrola“, novela de Adrián Noia que recibiu o Premio SELIC 2025

O sábado 14 de novembro ás 20:00 horas, na sespensa de SAA.

Sinopse:

A historia familiar, a través da ollada de Sara e, canda ela, dunha liña de mulleres, convértese nunha vía de acceso a unha realidade máis ampla, a da violencia e a represión que marcaron a posguerra, e tamén as súas consecuencias prolongadas no tempo, porque o que non foi contado non desaparece: transforma as relacións, condiciona as identidades, instala preguntas que reaparecen xeración tras xeración.

A literatura convértese así en espazo de restitución simbólica: non reconstrúe o pasado, mais abre un espazo no que o que ficou fóra do relato pode, cando menos, ser convocado.

Biografía do autor:

Adrián Noia (Santiago de Compostela, 2001) é escritor e profesor de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Publicou recentemente as novelas Pontealbar (Galaxia, 2025) e O silencio non arrola (2026), galardoada co Premio SELIC de Creación Literaria 2025. Ademais, escribiu o ensaio Vai no Dentista. 30 anos do grupo de teatro do Instituto Arcebispo Xelmírez I (1995-2025) (2026), coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora. O autor comparte a súa actividade literaria en @adriannoia e na páxina web adriannoia.gal.

Comparte éste artículo
No hay comentarios