Abegondo estrea pavillón renovado para acoller a XVII edición do torneo benéfico «Mételle Un Gol Ó Cancro»

Xa se respira o ambiente de Nadal e o torneo solidario por excelencia volve cunha gran motivación este ano. A estrea do pavillón renovado en Abegondo promete darlle un pulo fantástico a esta XVII edición de Mételle Un Gol Ó Cancro, que volve unir deporte, festa e solidariedade a favor do Centro Oncolóxico de Galicia.

Xa sabedes:

  • Cando: 26 e 27 de decembro.
  • Onde: Pavillón renovado de Abegondo.
  • Inscrición: 12 € por xogador/a (ata o 3 de decembro na súa web).
  • Entrada: De balde para todo o público.
Comparte éste artículo
No hay comentarios