Luisa Sánchez insta a acelerar a alta velocidade entre Vigo e Portugal para reforzar a competitividade da Eurorrexión

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou no Foro Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: Polo de Competitividade, organizado este xoves pola AECT da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no Tinglado do Porto de Vigo. Durante a súa intervención na mesa redonda “Infraestruturas Estratéxicas”, Luisa Sánchez defendeu a necesidade de acelerar a conexión ferroviaria de alta velocidade entre Vigo e Portugal para reforzar a competitividade da Eurorrexión. Por outra banda, salientou o proxecto dun novo paso internacional peonil e ciclista entre As Neves e Monção, sobre o río Miño, unha pasarela colgante de 84 metros de lonxitude impulsada pola Deputación en colaboración coa Cámara Municipal de Monção, cuxa construción contará cunha partida nos orzamentos provinciais de 2027.

Comparte éste artículo
No hay comentarios