Néstor Rego reclama medidas para o acceso á vivenda e garante que un BNG máis forte loitará por elas

O deputado do BNG reprochou ao Goberno que agarde a última hora para presentar unhas medidas “insuficientes” e que primase o aumento do gasto militar en lugar da vivenda.q

O deputado do BNG, Néstor Rego, destacou as masivas mobilizacións de onte na Galiza, das máis numerosas do Estado, que “son o síntoma dun grave problema social que non foi atendido en toda a lexislatura. Foi a mostra da indignación social e enganaríase o Goberno se pensa que foi “só unha folga contra a oposición”, deixando claro que tamén foi un “toque de atención ao Goberno”.

“Menos martes militares e máis gasto en vivenda”

Reprochoulle que agardase ao último momento para presentar un paquete de medidas “claramente insuficiente” e advertiu que “non é posíbel reverter a crise habitacional só con estas medidas dos decretos”. Puxo de manifesto as contradicións do Goberno que por un lado fala de que a vivenda é unha prioridade, e por outro, “levan aprobados nos Consellos de Ministros 24.000 millóns para gasto militar desde 25 de agosto de 2026” e que cualificou de “martes militares”.

Diante, subliñou, “están o PP e Vox, sempre a carón dos rendistas, dos especuladores e dos fondos voitre”, alertando dos recortes que virán “desta xente se Goberna”. Para parar ao bloque reaccionario, demandou medidas máis eficaces que deben pasar por garantir o dereito á vivenda e a redución do gasto en armamento.

Topar os prezos, prohibir a compra para especulación, as vivendas da Sareb para alugueiro social e máis financiamento en vivenda:

Reclamou topar os prezos dos alugueiros e das hipotecas, regular o aluguer turístico e por habitacións, prohibir por lei a compra para a especulación, a disposición das vivendas da Sareb para alugueiro social e traspaso a Galiza, máis financiamento, intervir o mercado da especulación inmobiliaria expropiando as vivendas baleiras de fondos voitre e grandes inmobiliarias, entre outros.

Feixoó: anti galego e “0 credibilidade”

Criticou á Xunta, a Administración que ten as competencias exclusivas en vivenda: “moitos anuncios e poucos resultados” e lembrou que Feixoó non ten ningunha credibilidade cando anuncia un millón de vivendas, “nada fixo na Galiza”, mais, acrecentou “tampouco ningunha compracencia con quen non fai nada cando pode e só arrastra os pes cando hai unha grande indignación social”. Responsabilizou o Goberno por xerar “moita decepción” que só contribúe para “alimentar ás opcións da ultra dereita”. 

A xente mobilizouse porque quere medidas valentes

Mais, enfatizou, “hai alternativas” e o BNG está a defendelas. Manifestou que a sociedade galega, a mocidade, “ten dereito a unha vivenda digna e a que a especulación non lle roube os seus soños nin os seus proxectos de vida e vai loitar por ela como fixeron onte na excepcional xornada de mobilización. Queren medidas valentes, non cosmética eleitoral”. Demandou solucións por parte dun Goberno que ten aínda responsabilidades de Goberno. “Imos continuar defendendo vida digna e vivenda digana para a mocidade e para a nosa xente”. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios