A comisión Viveiro en Festas, en estrecha colaboración co Hotel O Val do Naseiro, convoca a veciños, veciñas e visitantes a desfrutar da súa terceira Cea-Baile de Nadal, que terá lugar o vindeiro sábado 19 de decembro. Unha cita consolidada no calendario local e pensada para compartila entre amigos, familiares e veciños nun ambiente de confraternidade e lecer.
Gastronomía, música e autobús gratuíto
O evento arrincará a partir das 22:00 horas nas instalacións do Hotel O Val do Naseiro con un coidado menú gastronómico que abrirá con entrantes variados —xamón de bodega, queixo e longaniza ibérica— e llagostinos ao vapor. Como prato principal serviráse a tradicional tenreira ao estilo da avoa Adelina, poñendo o broche dolde cunha tarta de queixo de galleta caramelizada. Todo iso regado cunha completa selección de adega que inclúe Viña do Campo (D.O. Ribeiro), Monte Real Reserva (D.O. Rioja), cervexas, refrescos, auga, café, té e infusións.
O prezo do menú establécese en 45 euros, cantidade que inclúe un donativo directo para apoiar a labor da comisión organizadora. Ademais da boa mesa, a velada estará garantizada en canto a diversión grazas á actuación de música en directo e DJ, sorteos de regalos durante toda a noite e un excelente ambiente de troula.
Pensando na seguridade e comodidade dos asistentes, a organización habilitará un servizo de autobús gratuíto en colaboración con Autobuses de Otero-Viveiro para facilitar os desprazamentos de ida e volta.
Reservas e información
Desde a organización faise un chamamento á participación cidadá para gozar dunha velada inesquecible e dar a benvida ás festas do Nadal como merecen. As persoas interesadas en asistir formalizar a súa praza chamando ao teléfono 687 40 37 61 (Abilio).