Lugo presenta un “Nadal para todos” que recupera aesencia das festas navideñas

O Nadal tamén é unha oportunidade para apoiar o comercio local, ademais do concurso de esparates haberá actividades de dinamización en diferentes barrios: Augas Férreas e Fontiñas estrearánun pack especial de Nadal con visita do Carteiro Real, música coral, cancións tradicionais galegas navideñas e animación musical itinerante. Na praza de Augas Férreas funcionará un tren infantil cuberto.

Lugo dará a benvida ao Nadal o vindeiro 4 de decembro cunha iluminación renovada, máis vistosa e con motivos propios destas festas. A decoración estenderase por rúas, prazas, rotondas e distintos barrios da cidade, combinando arcos luminosos, figuras tridimensionais, árbores de Nadal , instalacións transitables de luz.

A iluminación contará con 1.313.757 microLED, 241 arcos luminosos e unha superficie iluminada de 15.247,68 metros cadrados. (VER ANEXO ONDE INDICAMOS TODA A INFO DA ILUMINACIÓN NAVIDEÑA)

Mercados navideños


Do 4 de decembro ao 5 de xaneiro, ambos incluídos, a Praza Maior acollerá tamén o Mercado de Nadal e unha pequena vila de Nadal, con casetas de madeira na parte posterior da explanada, detrás do quiosco de turismo. Os postos de alimentación situaranse nun dos laterais


A programación contará con tres propostas para dinamizar a actividade comercial e ofrecer novos espazos de encontro durante o Nadal. O Mercado de Nadal da Praza Maior permanecerá aberto do

4 de decembro ao 5 de xaneiro, en horario de mañá e tarde.


A planta baixa da Praza de Abastos acollerá a II Feira de Emprendemento Infantil para o Comercio 2026, que será o sábado 12 de decembro, de 10:00 a 21:30 horas. Tamén desenvolverase unha nova edición de Diversiarte na que colaboran entidades sociais, os días 15, 16 e 17 de decembro (apertura pola tarde o primeiro día e durante toda a xornada os dous seguintes).

Carruseis con bonos gratuítos; visitas guiadas; programación en diferentes barrios da cidade

O Nadal contará con dous carruseis, que se instalarán en Praza do Ferrol e Praza da Milagrosa, e que poderán utilizarse de balde mediante bonos gratuítos. O Concello distribuirá estes bonos a través de acordos con establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, así como entre as persoas que participen nas visitas guiadas organizadas dentro da programación de Nadal.


Esta iniciativa busca vincular as propostas de lecer familiar coa promoción do comercio e da hostalaría local, ao tempo que ofrece novas oportunidades para coñecer a cidade. Neste marco desenvolveranse tamén os Paseos guiados polo norte de Lugo, un ciclo de catro rutas para descubrir diferentes aspectos dopatrimonio e dos atractivos da cidade.


Todas as rutas terán como punto de saída o Mercado de Nadal da Praza Maior ecelebraranse nas seguintes datas:


19 de decembro, ás 11:00 horas: Arte nas rúas.

23 de decembro, ás 17:00 horas: Patrimonio milenario 26 de decembro, ás 11:00 horas: Patrimonio natural

30 de decembro, ás 17:00 horas: Patrimonio contemporáneo

Cada percorrido terá unha duración aproximada de dúas horas.

Augas Férreas e Fontiñas contarán cunha programación especial que inclúe a visita do Carteiro Real, acompañada de actuacións de coros en dúas xornadas. Unha proposta para que os máis pequenos poidan entregar as súas cartas e as familias compartan momentos especiais, ao tempo que se crea ambiente nos barrios e nos seus establecementos comerciais.

Augas Férreas contará, ademais, cun atractivo especial para o público infantil: un trenecito recreativo instalado no centro da praza, no que os nenos e nenas poderán subir e gozar dun pequeno paseo. A praza converterase así nun punto de encontro e lecer para as familias durante estas festas.

A programación completarase con outras actividades de animación e dinamización nos dous barrios, así como coa actuación do Rancho de Reis (danzantes, cantareiros e cantareiras acompañadas por un cuarteto de gaitas que danzan e cantan repertorio tradicional galego de nadal)

Obradoiros para todos os públicos

A programación incluirá preto de 60 obradoiros e sesións formativas en distintos espazos da cidade. Na Praza Maior desenvolverase un obradoiro infantil diario, cun mínimo de 30 propostas, mentres que o Mercado Municipal acollerá actividades de cociña, reciclaxe e creatividade para nenos e nenas.

A Fábrica da Luz ofrecerá sesións de showcooking, catas inmersivas de viños galegos e microobradoiros sobre protocolo e decoración da mesa. Pola súa banda, o Coliving Artístico Municipal será escenario de talleres de creación téxtil con técnicas de ecoprint e serigrafía, elaboración de candeas aromáticas e perfumería sólida, e creación de coroas e centros decorativos con botánica silvestre.

Tamén haberá actividades no Vello Cárcere que como novidade na súa programación ofertará actividades para maiores de 60 anos ou os obradoiros con temáticas de Nadal que se desenvolven os sábados no soto da Praza de Abastos.

As actividades navideñas terán tamén protagonismo nas salas museísticas. Dous para resolver enigmas na sala Porta Miñá, e obradoiros na casa dos mosaicos,no centro de interpretación da muralla, no centro arqueolóxico de San Roque e na sala de exposicións Porta Miñá os días 23 e 26 de decembro.

Concertos de todos os estilos

A cidade recibirá no Auditorio Fuxan os Ventos a unha das pianistas máis prestixiosas e recoñecidas do mundo, Martha Argerich, gañadora de tres premios Grammy e figura de referencia internacional da música clásica contemporánea. A súa actuación será unha das grandes citas culturais deste Nadal.


Outros concertos destacados


Al
 Di Meola, o guitarrista estadounidense, unha das grandes figuras do jazz e da música de fusión, actuará o 1 de decembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Fuxan os Ventos, na súa única actuación en España. Pola súa banda, María do Ceo, recoñecida intérprete de fado, ofrecerá un concerto o 25 de decembro na Catedral de Lugo.

A programación completarase con propostas de diferentes estilos, desde o jazz, o gospel e a música clásica ata o pop, a música tradicional e coral, combinando artistas de proxección internacional con formacións galegas e agrupaciónslocais.

Haberá actuacións no Auditorio Fuxan os Ventos, no Gustavo Freire, no Círculo das Artes, na Catedral, na Praza Maior e no Mercado Municipal. Entre os nomes e formacións previstos figuran Sergey Malov, Great Straits, Negri Heredia, Concentus Lucensis, Miguel Costas, Gospel Choir, Cuarteto Gerhard, Ismael Serrano, Terra Nova, Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre, a Sinfónica de Ponferrada e Alabama Gospel Choir. Tamén participarán a Banda Municipal de Música e o Conservatorio de Danza, xunto a outras propostas musicais e escénicas.

A música tamén estará presente nestas festas nas residencias e centros de atención a persoas maiores, a través dunha programación especial da Banda Municipal de Música de Lugo. Os distintos grupos de cámara ofrecerán actuacións en dez centros da cidade e do municipio entre os días 16 e 23 de decembro, achegando a música do Nadal ás persoas maiores e compartindo con elas momentos especiais nestas datas.

Actividades para o público infantil e familiar

A programación infantil e familiar incluirá propostas de música, teatro, contacontos e maxia ao longo de todo o Nadal, con actividades pensadas para que os máis pequenos poidan vivir estas festas en diferentes espazos da cidade.

Unha das principais novidades será a carpa interxeracional que se colocará na Praza da horta do Seminario, que contará cunha ambientación especial, inspirada nun conto de Nadal, e cunha programación estable e gratuíta durante estas festas. O espazo contará cunha programación diaria para todos os públicos de balde e que incluirá proxeccións decine de temática navideña, sesións de contacontos, actuacións de corais e espectáculos familiares, entre eles o de Mamá Cabra.

Outras propostas da programación municipal son: o día 9 representarase Iriña Bailarina, dentro do teatro escolar, e o 10 haberá unha sesión de contacontos no MIHL con Un Nadal cheo de contos. O 17 de decembro celebrarase a gala infantil de maxia.

Entre a oferta cultural destacan outras actuacións de pago como son: o 5 de decembro o musical Luli Pampín; o día 19, o musical infantil Disney. A oferta continuará o 26 de decembro con El show de Mickey, o 27 co musical Tadeo Jones y la lámpara maravillosa e o 28 coa representación de Carapuchiña vermella.

Xuventude, deporte

A programación de Nadal incluirá tamén propostas para a mocidade, con sesiónsde Scape Room na Casa da Xuventude os días 26 e 27 de decembro e 2, 3 e 6de xaneiro. No ámbito deportivo, o calendario recolle o Torneo Nadal Xaquedrum, o 13 de decembro, ás 12:00 horas, no MIHL;

En deportes contamos cunha nova edición da Carreira de San Silvestre que se celebra o 31 de decembro ás 17.00 horas. Por útlimo o Papá Noel e os Reis Magos tamén percorrerán as parroquias do municipio para recoller persoalmente as petición e cartas dos nenos e nenas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios