O subministro de auga na avenida da Coruña xa está restablecido e a reparación da avaría quedou completada
Unha vez resolta a incidencia na rede que se detectou á altura do número 224 os traballos céntranse agora na reparación da calzada e na recuperación da circulación.
A actuación realizouse nunha gabia de gran profundidade, polo que é necesario acometer a reposición da zona afectada antes de poder abrir de novo ao tráfico con normalidade.
A previsión é que a recuperación completa da circulación nesta zona da avenida da Coruña se prolongue varios días
O Concello agradece a comprensión da veciñanza e das persoas usuarias da vía mentres se completan estes traballos.