Ultraligera comezará a súa nova xira Lapsus Tour na Coruña

 As entradas sairán  á venda O martes 1 de decembro ás 12:00H en FEVER E ATAQUILLA

Descubre más noticias musicales como ésta

Ultraligera, unha das grandes bandas do panorama musical estatal neste 2026, escolle A Coruña para dar comezoá súa nova e esperada xira Lapsus Tour, a máis grande e importante ata a data por parte dos madrileños. Inmersos nun éxito fulgurante, o grupo acaba de presentar 20 datas por algúns dos recintos de concertos máis importantes de todo estado, recalando no Coliseum da Coruña o próximo venres 7 de maio de 2027. As entradas sairán á venda o próximo martes 1 de decembro a partir das 12:00h en feverup.com e entradas.ataquilla.com.

Tras case medio centenar de actuacións neste ano, onde pasaron por algúns dos grandes festivais da nosa xeografía como SonRías Baixas, a banda volta a Galicia cun único concerto confirmado e un directo renovado que fará vibrar aos milleiros de fans que a banda acumula no territorio.

Coincidindo co lanzamento da xira, este venres 27 de novembro é a data na que se lanza o segundo álbum de longa duración da banda, Lapsus, do que ata agora se coñecen seis avances; Lapsus, Cuando todo vaya mal, Tu Problema, Alguna Película, Que le vaya bien, e Mosquito, aos que se unirá Yugular, o último adianto que a banda lle agasallará ao seu público mañá xoves ás 12:00h. 

Este anuncio ve a luz tras o lanzamento dunhas primeiras datas especiais, que levarán á banda ao mítico Movistar Arena de Madrid. Con dúas datas esgotadas en apenas dúas horas, a agrupación respondeu á altísima demanda cun terceiro concerto consecutivo no recinto, afianzando un novo fito na súa carreira.

Todo isto chega despois da primeira xira de Ultraligera por América Latina. Baixo o nome Ultraligera LATAM 2026, o grupo cruzou o Atlántico para presentar o seu potente concerto en directo en Colombia, México, Chile e Arxentina, consolidando así o excelente momento polo que está a pasar a súa carreira. A xira pasou por seis cidades, comezando o pasado 4 de novembro en Bogotá (Colombia), seguida de México, con actuacións en Monterrey, Guadalajara e Ciudad de México. Posteriormente, a xira dirixiuse a Santiago de Chile, para concluír en Bos Aires.

MÁIS SOBRE ULTRALIGERA

Ultraligera, composta por Gisme (voz), Coque (guitarra), Santi (baixo), Martín (batería) e Mario (como segundo guitarrista en actuacións en directo), foi recentemente galardoada como Artista Revelación Rock na 7ª edición dos Premios Odeón, recibiu dúas importantes nominacións nos Premios de la Academia de la Música: Mellor Artista Novo polo seu álbum debut e Mellor Evento polas 7 Rivieras, e recibiu tres discos de ouro: polo álbum «Pelo de Foca» e polas cancións «La Basura» e «Matanza en el Hotel» (ambas incluídas en «Pelo de Foca»).

Ademais, a pre-venda da primeira edición física de «Lapsus», que se lanzará íntegra este venres 27 de novembro, está a piques de esgotarse, o que establecería un novo récord para a banda. Todos os vinilos e CDs desta edición incluirán un fragmento do telón orixinal que acompañou á banda durante a anterior xira «Pelo de Foca». Xa se coñecen seis avances deste segundo álbum; «Lapsus», «Cuando todo vaya mal,» «Tu Problema», «Alguna Película», «Que le vaya bien» e, o máis recente, «Mosquito.»

Despois de dous anos cheos entradas esgotadas, incluíndo sete concertos na Riviera e unha xira masiva polos principais festivais do país, Ultraligera reafirma, coa súa chegada ao Movistar Arena e o seu recentemente anunciado tour, a súa posición como unha das bandas de rock con maior potencial na escena musical actual, tanto a nivel nacional como internacional.

Comparte éste artículo
No hay comentarios