PP Lugo: «A mala xestión do PSOE e BNG acabou coa banda de música, agora traballan para acabar coa Escola de Música 

por 21 Noticias
  • Este é un exemplo máis da desacertada política de persoal do goberno progresista de Lugo lembrando “a Relación de Postos de Traballo aprobada en 2019, co selo da que hoxe é a alcaldesa, que é  insuficiente e está obsoleta xa que non reflicte a situación real dos servizos o que provoca, en cada pleno, protestas de TODOS os sindicatos
  • A voceira popular suspendía ao goberno local en servizos de conciliación indicando como  “primeiro tiveron en vilo a 800 familias esperando información dos comedores escolares, logo o conflicto laboral nas garderías municipais e, agora, a escola de música que a estas alturas, non ten data de inicio”
  • A preguntas dos xornalistas sobre a situación da Escola Municipal de Música a voceira popular criticou que nesta ocasión “PSOE e BNG teñan degradado ao seu persoal” en alusión a que non lles pagan polas responsabilidades que asumen.
  • “Tiñan a solución na súa man pero non a aplicaron” en alusión aos acordos de pleno de decembro de 2022 que se reiteraron, a posteriori, no ano 2023 e preguntaba os motivos polos que non se tomaron ainda medidas.
  • O que se solicitaba era modificar a Relación de Postos de Traballo en relación aos postos dos músicos con funcións docentes que teñen a titulación necesaria para encadrase na categoría C1. Outro punto do acordo era que “mentres non se faga esta modificación se lles pague de forma provisional un complemento salarial polo traballo que realizan e tamén se propoñía aumentar de forma progresiva aos músicos do cadro de persoal ata chegar a un mínimo necesario de profesionais
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario