Concentración en Corcubión para denunciar o xenocidio que está a sufrir o pobo palestino

por 21 Noticias

Cando se cumpriu un ano da ofensiva criminal sionista de Israel contra Palestina, tivo lugar unha nova concentración para denunciar o xenocidio que está a sufrir o pobo palestino. Convocados polas organizacións Mar de Lumes, Galiza por Palestina e Asociación Galaico-Árabe Jenin, e co apoio do BNG da Costa da Morte.

Leuse un manifesto no que que se critica a postura da UE e de Josep Borrel, que continúan privilexiando as relacións militares e diplomáticas con Israel, así como a posición morna e ambigua do Estado español e da Xunta de Galiza, que segue sen ter unha postura clara de rexeitamento do xenocidio israelí. Tamén condenouse o tratamento informativo da CRTVG, silenciando as voces dos millares de persoas que se mobilizan a favor de Palestina en Galiza.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario