Elena Espinosa: “O goberno galego deixa de ingresar 751 M€ por bonificar impostos e taxas”

por Redacción Galicia

Elena Espinosa sinala que os Orzamentos do goberno galego para 2025 son “raquíticos e faltos de ambición”, ao medrar case un punto por debaixo do crecemento de España.

 A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Elena Espinosa, criticou hoxe que o goberno galego non atenden ás “necesidades reais da cidadanía”, xa que deixan de ingresar 751 millóns de euros por bonificar impostos e taxas, a metade delas de sucesións e patrimonio, beneficiando ás grandes rendas. A responsable socialista interveu na comparecencia do conselleiro de Facenda, que presentou no Parlamento as contas para o próximo ano.

Espinosa advertiu que o goberno perde capacidade de gasto pola súa política fiscal como consecuencia da súa “carreira” coa presidenta de Madrid por ver quen bonifica máis ás grandes rendas. Advertiu que a Xunta renuncia á condonación da débeda mentres teñen que pagar máis de amortización desta que o orzamento dedicado á Política Social ou Atención Primaria, e cando deixan sen executar 1.492 millóns de euros no ano 2022, segundo informa o Ministerio de Facenda.

Elena Espinosa criticou uns Orzamentos da Xunta “raquíticos e faltos de ambición”, que aumentan un 2,1 por cento, case un punto menos que o crecemento previsto para a economía de España, que Funcas sitúa nun 3 por cento. 

A responsable socialista criticou unhas contas que fracasan no obxectivo de outorgarlle maior benestar aos galegos e galegas a través dun uso eficaz e eficiente dos recursos públicos, polo que reclamou unhas contas “valentes, e non conservadoras, como di o presidente da Xunta”. Espinosa apuntou que o propio conselleiro está a recoñecer que a renda dos galegos e as galegas é “peor que a media de España”, que esperan igualar no horizonte de 2030.

Capacidade de gasto

A responsable socialista sinalou que a caída na capacidade de gasto permitiría financiar os concellos, ou salvar a infradotacióneconómica do Sergas que está a sinalar constantemente o Consello de Contas. Apuntou ademais que as políticas de vivenda do goberno galego “non valen para os mozos e mozas que necesitan alugar unha vivenda”, á que a día de hoxe destinan 72 millóns de euros menos dos que orzaba o goberno do socialista Pérez Touriño hai 15 anos.

Reclamou darlle a volta aos orzamentos da Xunta para que “acaben sendo os que Galicia necesita” e que inclúan as “verdadeiras prioridades de Galicia”, centrados na vivenda digna, a sanidade pública e de calidade, ou reforzando os equipos de valoración da Dependencia e máis coidadores. Tamén reclamou unhas novas contas que aposten polo medio rural e mariño, que aposten realmente pola loita contra o cambio climático, a I+D+i e apoien ás empresas e emprendendores.

Explicou que o goberno galego recibe este ano un 9,4 por cento máis de recursos do Estado grazas á relaxación dos obxectivos de estabilidade e a posibilidade de optar a entregas anticipadas do sistema de financiación autonómica. Reclamoulle ao conselleiro que recoñeza a contía que recibiu Galicia por parte do Estado, quedende que goberna Pedro Sánchez entregoulle ás comunidades autónomas 300.000 millóns de euros máis que nos 7 anos de goberno de Rajoy.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario