Mañana, sábado 26 de outubro, a Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra un concerto que terá lugar na Asociación Veciñal Emilio Crespo sita en San Paio de Navia, grazas á colaboración do Concello de Vigo. O concerto, baixo o título «Música clásica polas parroquias», ten como fin potencia-la música clásica en tódalas zoas de Vigo e abri-la a un público familiar. A entrada é gratuita con límite de aforo.
Ás 19 horas deste sábado actuará a Orquestra Infantil, dirixida por Raquel Fernández e formada por nenos e nenas desde os 7 anos de idade de instrumentos de corda frotada, percusión e piano. Este será un concerto moi especial para moitos nenos e nenas que incorporáronse á Orquestra Infantil esta nova tempada xa que é a primeira ocasión que teñen de tocar nunha agrupación deste tipo; un feito que é un paso adiante na súa formación musical.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por máis de 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
Este concerto forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo.