Regueira pon en valor, no Out of the Blue de Matosinhos, as sinerxías entre ambos territorios

por Redacción A Coruña

A Deputación colabora con este proxecto impulsado pola cámara de Matosinhos con diferentes actividades relacionadas coa gastronomía do mundo mariño, como os showcookings “a catro mans” de chefs da provincia con chefs portugueses.

O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, viaxou ata Matosinhos para participar no evento Out of the Blueque, baixo o lema “A resposta está no océano”, acolle diferentes actividades para poñer en valor a gastronomía e a sustentabilidade dos océanos.

Regueira destacou durante os actos oficiais as sinerxías que existen entre ambos territorios. “Son moitas as pontes que nos unen: o Atlántico; unha gastronomía de moita calidade; unha estratexia turística que pon o foco na sustentabilidade e que aposta pola gastronomía como elemento clave de promoción do territorio…”. Por iso, agradeceu “a oportunidade de poder representar a provincia e o país neste espazo tan relevante”. “Un espazo no que, ademais”, engadiu, “abordamos temas tan cruciais como asustentabilidade, a responsabilidade co territorio e os retos de futuro”.

Neste sentido, o vicepresidente sinalou que “o futuro da nosa gastronomía está necesariamente na despensa mariña, polo que é fundamental poñer en valor o noso patrimonio alimentario submarino, que é o que faremos neste Out of the Blue”.

Ademais, durante o primeiro dos “xantares” nun dos restaurantes máisemblemáticos da cidade, asinou un “memorando de entendimento” entre a Cámara de Matosinhos e a Deputación da Coruña, para dar comezo oficial “a unha relación que se manterá no futuro e que servirá para coñecernos e recoñecernos mellor, e para fortalecer ambos destinos”.

A provincia da Coruña está presente durante todos os días de evento con diferentes actividades relacionadas coa gastronomía da despensa mariña. Showcookings a catro mans de Lucía Freitas (A Tafona) e Iván Domínguez (NaDo) con Rui Paula Casa, dúas Estrelas Michelin e chef de Chá da Boa Nova e o tamén chef Michelin Arnaldo Azevedo, do restaurante Bistrô by Vila Foz, respectivamente, e conversas sobre o papel das mulleres nos sistemas alimentarios con Lucía Freitas, e sobre o papel das algas no ecosistema mariñoe na gastronomía con Sergio Baamonde, de Algas Mar de Ardora. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario