Educación conxela un ano máis o número de docentes nos orzamentos

por Redacción Galicia

Por cuarto ano consecutivo a Consellaría mantén en 30.424 a cifra de persoal docente nos orzamentos da Xunta, limitando o incremento orzamentario en persoal á suba salarial do 2024 e a inclusión de programas finalistas.

Afirman o presidente Rueda e o conselleiro Rodríguez que este ano é co que máis docentes conta a Xunta e que o ano que vén aínda vai ser mellor. Para que algo parecido a iso que venden se achegue á realidade a CIG-Ensino anima ao Partido Popular no Parlamento Galego, no que conta con maioríaabsoluta, a emendar os propios orzamentos que presenta a Xunta. Neles mantense conxelada a cifra total de profesorado por cuarto exercicioconsecutivo: despois do aumento “accidental” vinculado á pandemia, os números que presenta a Consellaría non dan lugar a equívocos: serán 30.424 docentes os que figurarán nas contas autonómicas, o mesmo que no ano 2022, 2023 e 2024.

A conxelación das cifras de docentes indica o que todos sabemos: manterasea perda do 10% de profesorado do corpo de mestras ao respecto do que había antes dos gobernos do PP, cunhas cifras totais que só se manteñenpolo incremento de profesorado de FP.

persoal docentesubgrupo A1subgrupo A2total
nivel 261.835 1.835
nivel 2413.2923.27616.568
nivel 21 12.02112.021
total15.12715.29730.424

O incremento nas diferentes partidas nas que se rexistra o profesorado enfunción das ensinanzas que imparte medra só no que se corresponde cos incrementos derivados das subas retributivas do ano 2024. 

A propaganda ten un custe: dispárase o gasto no persoaleventual do gabinete: case un 60% máis en cinco anos

O único que medra dun xeito destacado é o gasto no gabinete de propaganda da Consellaría, conformado por persoal eventual de designaciónpolítica, sen que figure o seu número exacto, como si acontece cos postos de docentes e cun medre espectacular se o comparamos, por exemplo, co que se gastaba en dar pompa e boato ao conselleiro de Educación no ano 2020 (cando Educación non tiña Cultura nas súas competencias, como acontece de novo nestes orzamentos), pasando de 268.011€ a 425.087€: un incremento do 58en tan só cinco anos. 

Tarefas pendentes para evitar a discriminación

Polo demais, nos orzamentos non se aborda a recuperación do pagamento dos meses de verán ao profesorado substituto que traballe cinco meses e medio, un logro vinculado ás folgas e mobilizacións do ano 2006 e eliminadoen cada lei de orzamentos, aínda que siga figurando no seu articulado, do acordo de persoal interino pola Xunta no ano 2012 sen que as organizaciónssindicais asinantes teñan denunciado xudicialmente desde esa data eseincumprimento. 

Tampouco incorporan ningunha partida para estender o pagamento duncomplemento compensador ao profesorado do corpo de PESSFP e asíequiparalo con que quedou a extinguir no corpo de PTFP malia estaren ambos colectivos en igualdade de condicións, tanto do subgrupo ao que pertencen(A2) como da titulación que se exixe para ingresar no corpo. 

espello de 2009: segue habendo menos docentes e menos orzamento para Educación

Quince anos despois de recuperar o goberno da Xunta e de dirixir a política educativa galega non hai mellor contraste que comparar a situación previa coaactual. No ano 2009 os orzamentos da Consellaría recollían un total de 30.439 docentes, cifra só superada nesta década e media nos orzamentoscondicionados pola pandemia. Desde aquela nunca se superou o total de profesorado nas contas públicas. 

Se a maiores do profesorado revisamos as contas xerais da Consellaría, aplicando como é lóxico, o efecto da inflación (32,8%) o resultado é desolador: malia o constante incremento das necesidades de atención á diversidade que caracterizaron este tempo, Educación está un 7,3% por debaixo dos orzamentos do ano 2009. Para tan  igualar o esforzo orzamentariodaquel ano, as contas deste 2025 terían incrementarse en 233 millóns de euros: todo un exemplo de como lle preocupa a educación a este goberno. 

Un incremento por debaixo da media da Xunta

Unha constante que se repite en todos e cada un dos orzamentos dos últimos quince anos, nos que a maior parte dos cales foi Rodríguez quen se mantivo á fronte da Consellaría, é que os cartos destinados a Educación soben por debaixo da media do que o fan as contas xerais da Xunta. Nos orzamentosde 2025 a suba dos orzamentos autonómicos quédase no 3,7% mais Educación non chega nin á media, reducindo o aumento ao 3,54%. 

A lingua, silenciada

Ao igual que acontece coas contas de Política Lingüística, agora segregadas de Educación para Cultura, onde se conxela o orzamento, nada muda nos orzamentos da Consellaría, que ten entre as súas plenas competencias a normalización e o impulso da lingua galega, polo que non hai tan sequera unmínimo de credibilidade na pretendida chamada a un consenso sobre a lingua que non se ve por ningures, tampouco nas contas da Consellaría.

En conclusión, a CIG-Ensino denuncia o inmobilismo das contas de Educación e condena a manipulación na que viven instalados os cargos políticos do PP á fronte da política educativa da Xunta.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario