Rueda reúnese coas federacións deportivas galegas para abordar liñas de traballo conxunto

por Redacción Galicia

No encontro puido escoitar as propostas da entidade, que colabora cada ano coa Administración autonómica en eidos como a asistencia xurídico-deportiva ás federacións e deportistas e a formación.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega), na que se abordaron diferentes liñas de traballo conxunto.

Na xuntanza, na que tamén participaron o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o responsable do Executivo autonómico recoñeceu o esforzo de Ufedega e escoitou as diferentes propostas trasladadas pola entidade, que colabora cada ano coa Xunta en eidos como a asistencia xurídico-deportiva de federacións e deportistas, a difusión de eventos e a formación deportiva.

A Unión de Federacións Deportivas Galegas ten como principal obxectivo o asesoramento e formación das 56 federacións deportivas galegas que forman parte da entidade e dos seus clubs deportivos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario