As deputadas autonómicas, Raquel Arias e Katy Varela, valoran os investimentos directos no territorio da zona sur da provincia de Lugo.
- As populares explican que «a Xunta prevé actuar no colexio do Cardenal de Monforte con 500.000 euros, na cuberta das Clarisas con 150.000 euros e tamén reserva 1,4M€ para obras na Ribeira Sacra e 2M€ para as axudas aos viticultores vencelladas á paisaxe»
- Outras actuacións na zona, segundo o proxecto de orzamentos: a mellora do regadío Val de Lemos, a recuperación da terra afectada por incendios no Courel onde continuarán as obras da LU-651, unha glorieta na LU-903 (Sober), saneamento en Pantón e o CEIP Xoán de Requeixo (Chantada)
- Os servizos comarcais que presta a administración autonómica en Monforte de Lemos tamén serán mellorados: a eficiencia enerxética do Xulgado, a oficina de emprego, o polo de emprendemento, a UAF e o hospital comarcal
- Arias e Varela lembran que «aos investimentos previstos polo Goberno galego para o 2025 hai que sumar outras achegas a Concellos, sectores produtivos, distintos programas dirixidos a tódolos galegos e galegas e o mantemento dos servizos públicos en sanidade, servizos sociais e educación, entre outros»